BETO DA SILVA E MOLLEJO ÚNENSE A JOVANOVIC SALVA RUIZ E MONTERO COMO NOVO XOGADOR DO DEPOR

 

Víctor Mollejo chega dende o Atlético de Madrid

O Real Club Deportivo, o Atlético de Madrid e Mollejo chegaron a un acordo para a cesión do atacante castelán-manchego até final de temporada.

Víctor Mollejo Carpintero (Alcázar de San Juan, Ciudad Real, 21 de xaneiro de 2001) disputou 4 partidos este ano co primeiro equipo do Atleti, que se unen á trintena disputados co filial branquivermello antes de recalar na Coruña.

 

 

Beto da Silva internacional peruano para o Depor

Luiz Humberto da Silva Silva, “Beto da Silva” (Lima, Perú, 28 de decembro de 1996), converteuse hoxe en novo xogador do Real Club Deportivo. O internacional peruano chega ao Deportivo cedido até final de temporada por Tigres UANL dentro da operación de cesión de Diego Rolan ao fútbol mexicano.

26 partidos co PSV sub-21, 25 na liga peruana, 12 na brasileira e 11 na mexicana, sumando case un centenar en competicións profesionais, con 14 goles e 8 asistencias, compoñen as estatísticas dun xogador que, desde que iniciou a súa carreira no Sporting Cristal peruano, pasou tamén por Grêmio de Porto Alegre, Argentinos Juniors, Tigres UANL e Lobos de Puebla. A iso hai que unir 25 partidos coas diferentes seleccións peruanas, 6 deles coa absoluta.

Beto da Silva será o terceiro peruano en vestir a camiseta branquiazul, despois de Óscar Montalvo (123 partidos e 33 goles entre 1962 e 1967) e William Huapaya (26 partidos e 4 goles entre 1982 e 1984).

 

O Lateral Salva Ruiz novo xogador deportivista

Como xa dixemos estes días, dende Valencia xa daban por feito a fichaxe do lateral esquerdo Salva Ruíz procedente do Valencia CF co que rescindía contrato e que ficha por 3 tempadas polo Depor e con contraprestacións futuras para o clube valencianista.

Salvador Ruiz Rodríguez (Albal, Valencia, 17 de maio de 1995) formouse nas categorías inferiores da Valencia, desde as que chegou cedido a Tenerife, Granada e Mallorca, sendo o conxunto balear no que tivo a oportunidade de disputar unha vintena de partidos no fútbol profesional, xunto aos máis de 70 disputados no filial valencianista no grupo III da Segunda División B.

Igualmente, Salva Ruiz foi internacional en case todas as categorías inferiores da selección española, coa que proclamouse campión de Europa sub-19 en 2012.

 

O central Francisco Montero cedido polo Atlético de Madrid

Francisco Javier Montero Rubio (Sevilla, 14 de xaneiro de 1999), xogará a próxima campaña por primeira vez lonxe do equipo onde se formou desde xuvenís. O Real Club Deportivo, o Atlético de Madrid e Montero chegaron a un acordo para a cesión do central do conxunto colchoneiro. 

Montero acumula aos seus 19 anos 37 partidos no fútbol profesional, 9 deles en Liga e 2 en Champions League co equipo do Metropolitano.

 

 

Sasa Jovanovic chega cedido con opción de compra

O RC Deportivo confirma a fichaxe do extremo serbio Sasa Jovánovic que para o vindeiro 15 de Nadal cumplirá 28 anos e que o ano pasado xogou no Córdoba do que se foi no inverno para xogar no Al Fateh saudí chegara en calidade de cedido e con opción de compra. O xogador do leste ven a suplir a baixa de Pedro Sánchez. 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies