BETIS E GRANADILLA RIVAIS INVITADOS NOS “TERESA HERRERA” QUE ABRE O CONCURSO DO CARTEL

 

O Real Betis Balompié e o Granadilla Tenerife serán os rivais do Depor e do Deportivo Feminino

Nunca disputara o Real Betis Balompié o “Teresa Herrera” e debutará este ano ante o Depor no torneo decano do fútbol español. Pola sua banda o Granadilla Tenerife cuarto clasificado da Liga Iberdrola será o rival do Deportivo Feminino nesta edición que se disputará o sábado 10 de Agosto.

Así nolo informan dende o RC Deportivo :

“O Real Betis Balompié e a UD Granadilla Tenerife serán os rivais do Dépor no Trofeo Teresa Herrera 2019.

O equipo verdibranco loitará co Deportivo polo trofeo máis antigo do mundo no que a torneos amigables refírese, que este verán alcanza a súa septuaxésimo cuarta edición ininterrompida, mentres que a VII Edición do trofeo en categoría feminina dirimirana o Dépor ABANCA e o equipo tinerfeño do Granadilla.

O Real Betis é un dos históricos do fútbol español, gañador de 1 Liga e 2 Copas do Rei, que aínda non disputara o Teresa Herrera nos seus case tres cuartos de século de historia.

Para o torneo feminino o invitado é un dos grandes equipos do fútbol feminino, o UD Granadilla, que competirá a próxima temporada na liga Iberdrola co Dépor ABANCA. Na temporada recentemente finalizada as tinerfeñas acabaron cuartas, superadas só polo Atlético de Madrid, FC Barcelona e Levante UD”.

O Torneo disputarase o sábado 10 de agosto no Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR nestes horarios:

18:30 h. Dépor ABANCA – UD Granadilla
21:00 h. Dépor – Real Betis

 

CONCURSO DO CARTEL DO TROFEO

O Real Club Deportivo convoca o concurso para o deseño do Cartel do Trofeo Teresa Herrera 2019, con arranxo ás seguintes BASES:

1.- Poderán participar no concurso todos os particulares e empresas que o desexen.

2.- Os participantes poderán presentar tantos proxectos como queiran. As obras deberán ser inéditas, orixinais e poderán ser realizadas en calquera modalidade artística: fotos, debuxos… Os traballos deberán ser presentados sen a firma do autor ou autores. O contido textual do cartel poderá presentarse en galego ou en castelán.

3.- O premio ao cartel elixido serán 2 abonos de bancada do Real Club Deportivo para a Temporada 2019-2020 e a participación en todos os actos protocolarios do Trofeo Teresa Herrera 2019 (recepción municipal con entrega dos carteis ao Concello e os equipos participantes, asistencia ao Palco de Honra e acto de entrega dos Trofeos).

4.- Os deseños deberán remitirse en soporte dixital en proporción 50×70 centímetros (300 PPP) ao correo: imagen@rcdeportivo.es

5.- Os deseños poderán remitirse até o domingo 21 de xullo de 2019 ás 23:59 h.

6.- O correo electrónico deberá conter a seguinte información:

Asunto do correo: Concurso Cartel Teresa Herrera 2019
Imaxe ou imaxes cos deseños presentados e co título do cartel no seu nome.
Documento adxunto cos seguintes datos:
– Título/s do cartaz/ces.
– Nome autor, autores ou empresa.
– NIF/CIF
– Teléfono de contacto.

7.- O cartel gañador, elixido por un xurado formado por 2 representantes do Real Club Deportivo, 1 representante do Concello, 1 representante de Estrella Galicia, patrocinador principal do Torneo, e o gañador da anterior edición ou un artista de recoñecido prestixio, darase a coñecer publicamente a semana do 22 de xullo de 2019. O concurso poderá declararse deserto.

8.- O cartel deberá conter as seguintes inscricións:

LXXIV TROFEO TERESA HERRERA DE FÚTBOL MASCULINO · VII TERESA HERRERA DE FÚTBOL FEMENINO/FEMININO

Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR · 10 de agosto de 2019

18:30 h. Deportivo ABANCA – UD Granadilla Tenerife

21:00 h. RC Deportivo – Real Betis

Deberá conter os logos do Real Club Deportivo, Concello da Coruña, Real Betis Balompié, UDG Tenerife, Estrella Galicia e ABANCA-RIAZOR. En todos os casos, deberá terse en conta que ademais das inscricións citadas, o cartel podería tamén conter logotipos doutros patrocinadores do Club ou do Trofeo.

Manual RC Deportivo                        

Manual Estrela Galicia          

Logos Concello       

Manual Concello

Escudo Real Betis Balompé

Escudo UD Granadilla Tenerife

9.- O Real Club Deportivo poderá utilizar a imaxe seleccionada para cantos desenvolvementos considere oportunos, podendo reproducila e aplicala aos formatos e soportes que a organización e a difusión de imaxe e publicitaria do torneo requira.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es