Broche final a unha liga que aínda remata a semana que ven, pero na que ás xogadoras de Gueli lles toca desccansar.
Chegaba a Carballo o Brexo Lema que se encontraría con un Bergantños xa clasificado para a fase de ascenso pero coa intención de rematar a liga da mellor maneira na casa. Xa nos primeiros minutos as locais disporían de claras ocasións por medio de Isa, e Noe pero en ambas ocasión se atopaban ca porterira visitante Anabel. No min. 27 Carla anotaba o 1-0 cunha fermosa vaselina e, instantes despois Isa facía o segundo nun man a man. Mery estaría a punto de sentenciar a poumos minutos do descanso pero o seu lanzamento saía por encima da portería do Brexo Lema.
Co 2-0 no marcador empezaba a segunda parte e cun Bergantiños coas intencións claras, apretar a saída do balón e imprimir un forte ritmo de xogo. Mery e Tamy non estarían acertadas de cara a gol, pero Finalmente a máxima artilleira carballesa Mery facía o terceiro ao aproveitar un rechace dentro da área. A porteira local Lara Sanchez apenas tería que intervir no partido. Nos minutos finais chegarían outros dous goles obra de Martasa nun barullo na área e Tamy ao rematar un centro de Canosa.
Bergantiños Feminino CF : Lara Sanchez, Eva, Martasa, Paula, Lara Rabuñal, Lore, Torrado, Mery, Noe, Carla e Isa. Tamén xogaron : Sabrina, Tamy, Lucía Canosa e Fra.
Goles : 1-0, Carla, (27´); 2-0, Usa, (30´); 3-0, María Insua, (29´); 4-0, Marta, (80´); 5-0, Tamara, (86´).
+++++++++++++++
María Dosil fixo o gol 100 do ED As Miúdas.
ED As Miúdas 5-0 CD Bamio
Penúltimo encontro de liga e derradeiro na casa para as Miúdas, plagadas de baixas en tódalas liñas afrontaban coa idea de acadar os tres puntos para afianzar a súa posición na taboa, e conseguírono nun partido moi serio culminado cunha segunda parte de gran nivel. O gol inicial sería no minuto 20 obra de Ainoa nunha galopada en condución pola banda esquerda desde campo propio no que ningunha rival foi quen de frear pola velocidade da de Outes, finalizando de maneira espectacular tras plantarse ante a porteira.
Pouco despois o infortunio de volta en forma de lesión, desta volta sería Isa, a defensora nun mal apoio manca a súa rodilla dereita e marcharía do campo con gran dolor a espera de confirmar a enesima lesión de rodilla para as rossinejras nesta temporada. Nesta primeira metade non habería moita máis claridade en forma de ocasións sendo a máis clara unha de Marta que non atopou premio tras outra xogada de Ainoa, e serían as de Bamio as que disputarían os balóns de maneira máis intensa co que chegaríamos o descanso co 1-0. Trala volta de vestiarios as locales se fixeron co dominio total do balón e meteron no seu campo ás rivales, recuperaron a intensidade nos balóns divididos e levaban perigo en rápidas transicións cunha defensa moi enchufada mandada dende atrás por Yaiza. Pati faría o 2-0 os 5 minutos da segunda parte, e Sandra casi pon o terceiro tras unha finta na area pero moi escorada non topou porta. Gala tamén o intentou en varias arrancadas tras entrar no campo pero sin premio.
O gol 100 desta liga para as de Muros sería obra de María Dosil que aproveitou un barullo tras un remate de Natalia para finalizar a xogada e poñer o 3-0 no minuto 83. Pouco despois, no 88, Ainoa conseguía o cuarto noutra rápida transición levada dende a medular e xa no desconto redondearía o resultado Leti rematando de maneira impecable un saque de curruncho anticipándose as defensoras visitantes para ledicia da bancada. Con este resultado as locales acadan de maneira matemáitca a terceira posición na competición ligueira trala derrota do Xuventú Aguiño ante as líderes do Chispa.
ED As Miúdas : Yaiza, Marcela (infantil), Paula, Isa, Antía, Laura, Leti, Sandra, Marta, Ainoa e Pati.
Tamén xogaron: María de Pastora, María Dosil, Gala, Natalia e Lucía.
Goles : 1-0, Ainoa, (20´); 2-0, Pati, (51´); 3-0, María Dosil, (84´); 4-0, Ainoa, (88´); 5-0, Leti, (92´).