O Bergantiños FC infórmanos da fichaxe de Iván Garrido, medio chegado dende Andorra e da fichaxe da exdeportivista Carmen Trillo, para o equipo feminino, así como das baixas de Bárbara Caamaño e Veróni ca Mallo.
O Bergantiños FC comunica a fichaxe do xogador Iván Garrido Ciaurriz para esta Temporada 22/23.
O extremo/media punta de 27 anos (01/11/1994), natural de Calahorra (La Rioja), militou na pasada tempada na 1° División Andorra no Atletic Club d’Escaldes . Con ampla experiencia en 2° B pasou por equipos como o Haro Deportivo na tempada 20/21 , Unionistas de Salamanca CF (18-20), C.D. Izarra e Lealtad Villaviciosa.
O Bergantiños FC informa que a xogadora Carmen Trillo únese ao noso Feminino para esta Temporada 22/23.
A dianteira de Coruña (27/08/2001) procede do Real Club Deportivo de La Coruña “ABANCA” B pero antes pasou polos equipos do Orzán Sociedad Deportiva , Victoria C.F. e C.D. Calasanz .
O club tamén informa que Bárbara Caamaño e Verónica Mallo serán baixa para a vindeira tempada. Ás dúas xogadoras agradecémoslles o traballo feito ata o de agora e desexámoslles moitos éxitos nos seus camiños.
-Fotos e Texto : Comunicación Bergantiños FC