Bergantiños-Cee será a final da Copa da Costa feminina do vindeiro Domingo 25 de Xuño no “A Fontenla”, (Santa Comba). As ceenses tiveron que remontar o gol de Juliette, (25´), para as dumbriesas, que supoñía que a eliminatioria estivese igualada. Lucía a media hora de xogo e Nerea no 88 de penalti, dábanlle a vitoria as da vila da Xunqueira. Pola sua banda o Berganiños deixaba solventada a clasificación para a final na primeira metade. No primeiro minuto de xogo Gabriela facía 0 1-0, e repetía o fío da media hora de xogo, e a sua compañeira Lara facía o 3-0, tres minutos despois. Gabriela completaba a goleada e o seu “Hat-trick” particular a hora de xogo.
Bergantiños FC 4-0 Xallas FC
Día : Domingo 18 de Xuño 2023
Hora : 16:30
Campo : As Eiroas, (Carballo)
Árbitro : David Cancela García
Árbitros asistentes : Roberto Baña e Rubén Baña
Resultados na liga antre elas : Non coincidiron na mesma liga
Resultado da ida : 1-4 para as bergantiñanas
UC Cee 2-1 CF Dumbría
Día : Domingo 18 de Xuño 2023
Hora : 19:30
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro : Pablo Rama Cotelo
Árbitros asistentes : Miguel Blanco e Óscar Rey
Resultados na liga antre elas : 1-1 nos dous encontros
Resultado da ida : 0-1 para as ceenses.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”