BERGANTIÑOS FC E RC DEPORTIVO CHEGAN A UN ACORDO PARA A INCORPORACIÓN DE JOSÉ CURRÁS O FABRIL, E DENDE O ARTEIXO CHEGA Ó XUVENIL DEPORTIVISTA, HUGO GARCÍA.

 

José Currás ficha polo Fabril

Segundo nos informan dende o Bergantiños FC, chegaron a un acordo co RC Deportivo para que o xogador José Currás se incorpore ao Fabril de Terceira División.

Defensa de 18 anos, natural de Culleredo, estivo no Montañeros antes de enrolarse no Celta, onde xogou no equipo xuvenil de División de Honra, antes de recalar mo clube bergantiñés.

O clube carballés considera positivo o acordo, xa que : “Deste xeito Currás poderá continuar na súa progresión como futbolista e acumular minutos para acadalo con éxito. O clube deséxalle a maior das sortes”.

 

 

Hugo García do Atlético Arteixo o Xuvenil Deportivista

Dendeo Atlético Arteixo informan da marcha do canteirán Hugo García o Xuvenil da Nacional do RC Deportivo. Hugo xogaba no xuvenil arteixán e chegou a debutar no primeiro equipo con idade cadete. Dende o clube branquiroxo deséxanlle “moita sorte a Hug”, que é o terceiro canteirán do clube de Arteixo que recala no clube deportivista.

-Texto : piratasdemuxia/Comunicación Bergantiños FC e Atlético Arteixo

-Fotos : Comunicación Bergantiños FC e Atlético Arteixo