BERGANTIÑOS FC E CD ARENTEIRO FIRMAN TÁBOAS NAS “EIROAS”, (1-1).

Reparto de puntos nas Eiroas, (Foto : Basilio Bello)

 

Bergantiños FC 1-1 CD Arenteiro

Atopábanse duas rachas nas Eiroas, os carballeses que só caeron nun encontro e os arenteiros que caeran e 2, ambos viñan de gañar o seu derradeiro encontro e foron os norteños os que se adioantaban por medio de Zanelli as portas do descanso, (42´). 

Saltaron os de Carballo ao campo no segundo tempo convencidos das suas posibilidades e buscaron o gol da igualada para poder ir a pola victoria. Tardou en chegar este gol e non foi ata o 83´por medio de Martín Lamelas. Buscaron os 3 puntos pero topáronse cun Arenteiro moi ben plantado no terreo de xogo e xa non se movería o marcador.

Con este empate os carballeses suben probisionalmente a 4ª praza con 14 puntos e o CD Arenteiro a 10ª con 11 puntos.

Na seguinte xornada o Bergantiños FC, de José Luis Lemos, enfrontarase ao Marino de Luanco, mentres que o CD Arenteiro de Fran Xusto medirase ó Cristo Atlético.

Outros resultados da xornada sabatina

Leganés B 3-0 Marino de Luanco

UP de Langreo 2-1 Real Avilés

A Xornada para os galegos

Domingo 31 de Outubro

SD Compostela-Gimnásrica Segoviana CF

Hora : 12:00

Campo : “Vero Boquete”

Colexiado : Leandro Carbajales Gómez, (Colexio Asturiano)

Asistentes : Eduardo Sueiro e Luis López, (ambos do Colexio Asturiano)

Pontevedra CF-Coruxo FC

Hora : 17:00

Campo : “Pasarón”

Colexiado : Eder Mayo Fernández, (Colexio Castelán-Leonés)

Asistentes : José Mª Madrigal e Guillermo García , (ambos do Colexio Castelán-Leonés).

CD Palencia Cristo Atlético-Arosa SC

Hora : 17:00

Campo : “Nuevo La Balastera”

Colexiado : Francisco García Riesgo, (Colexio Asturiano)

Asistentes : Javier Mier e Claudio Fernández, (ambos do Colexio Asturiano).

 

-Foto : Basilio Bello/La Voz de Galicia

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies