Xallas FC 3-0 CF Noia
Sufreu o equipo noies ante o xalleiro, para pasar a final da 2II Copa da Costa Feminina”, pois as de Santa Comba, nun gran encontro conseguiron empartar a eliminatoria. Yasmina a media hora de xogo, e despois na segunda metade, (58´), poñía de cheo as rapazas de Roberto Carlos, con opcións a todo, e máis cando Xastia facía o terceiro, (81), resultado co que acababa o encontro.
Na tanda de penaltis eran as de noia as que pasaban a final, tras acertar co gol en 4 ocasións, polas 3 das xalleiras.
Bergantiños FC 6-0 UD Cerqueda
Notouse e moito a diferenza de catagoría nun choque no que tralo 0-3 da ida, os dous goles das carballesas na primeira metade, obra de Tatiana, (5´) e Carla, (38´), deixaban resolto o pase a final. Noelia, en duas ocasións, (46´e 85´), e Cruz, tamén cun dobrete, (66´e 81´), completaban o “set” en branco para as de Carballo.
-Foto e Texto : piratasdemuxia