BERGANTIÑOS FC 6-1 SD TORDOIA : O FEMININO BERGANTIÑISTA XOGA O TENIS NO DERBI E PRESENTA A SUA SECCIÓN FEMININA DE BASE.

 

Antes do inicio do encontro fíxose a presentación da nova Sección Feminina do Bergantiños FC con equipos de base dende as primeiras edades cas promesas e o infantil, ca saltaron o campo co primeiro equipo e fixeron a foto de familia.

 

1ª División Galega Feminina GA

Bergantiños FC Feminino 6-1 SD Tordoia Feminino

O conxunto bergantiñista que xa deu moi boas sensacións no primeiro encontro desta competición derrotando a domicilio ao Victoria CF, (0-2), saltou o campo moi concienciado do que tiña que facer, buscando os puntos débiles do rival e explotanto ospuntos fortes propios. imprimindo un ritmo forte dende os inicios.

O Tordoia pola sua banda buscaba balóns longos, namentras que as carballesas trataban de sair con xogo combinativo. Alba aos 20 minutos de xogo abría o marcador cun tanto de “vaselina”, e cáseque nada máis sacar de centro, recuperación e xogando dende atrás, Lara facía o segundo, (22´). Antes do descanso , gozaron as locais de algunha ocasión máis, e quedaba o encontro visto para sentenza  antes de embocar os vestiarios cando Elena materializaba un libre direto.

Xa na segunda metade  un penaltio os 4 minutos da reanudación, transformado por Alba, deixaba o choque resolto, (49´). Xa cas rivais moi tocadas, Elena facía o seu segundo da tarde, (61´) e Cruz no 77 completaba un “set”, para que 3 minutos despois a tordoiesa Rebeca fixese o “gol da honra”.

-Fotos : Comunicación Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Gueli Cotelo