BERGANTIÑOS FC 2-1 SALAMANCA UD : “VITORIA CON REMONTADA E UN PASO MÁIS HACIA A PROMOCIÓN”.

O Bergan remontou o golazo do Salamanca.

 

Bergantiños FC 2-1 Salamanca UD

Séptima vitoria do Bergantiños na casa nun choque con dobre fío, no que o equipo salmantino busca desesperadamente escapar do penúltimo chanzo da clasificación, un equipo que saía de inicio na liga coma un dos favoritos a loita polo ascenso. 

A pesares de que a primeira metade acabou co empate a ceros inicial, ambos equipos tiveron ocasións coma para que eso non fose así. A máis clara para os salmantinos nun centro-chut de Diego Benito que Canedo ten que despexar con moitos problemas, e que deu pé a unha segunda xogada. Por parte dos carballeses, a máis clara sen dúbida, un man a man de Remeseiro co meta visitante Benítez, onde este lle gañou a partida, un pouco ante Boedo marcaba noutro man a man, pero o gol era anulado por fora de xogo e o xogador bergantiñista vía cartón amarelo.

Xa na segunda metade e de que maneira, Ibán Ribeiro, máximo goleador dos visitantes, na primeira aproximación dos charros, conseguía batir a Canedo cunha bolea, con só 2 minutos gastados deste segundo periodo.

Non se enrrugou o equipo carballés e buscou con insistencia o empate, e puido chegar nun centro dende a banda de Chrístian. José Luis Lemos comezou a mover o banco e deulle entrada a Carlos López e Diego Uzal, marchándose Iago Parga e Concheiro.

Tras unha falta, Remeseiro colgou o balón o área e Pablo Agulló igualou a contenda cun testarazo á rede, cando se cumplía a hora de xogo. Espoleo máis o gol aos bergantiñistas e en dous saques de curruncho, no primeiro deles o balón marchouse preto do poste, e no segundo Javi Benítez blocou o remate.

María Hernández buscou fortalecer o medio do campo e a falla de 13 minutos para o final os charros gozaban dun par de boas ocasións, pero sería o Bergantiños o que tras un disparo lonxano o balón chegáballe a Carlos López, que acadaba o gol que a postre lles daría 3 puntos para coller na clasificación a SD Compostela, ambos con 38 puntos e alonxarse a 4 do Coruxo, (6º), que loita por entrar na promoción, na que está o equipo carballés e segue mirando hacia arriba.

Goles : 0-1, Ibán Ribeiro, (47´); 1-1, Agulló, (60´); 2-1, Carlos López, (88´).

 

-Foto : Captura TVG

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies