BERGANTIÑOS FC 1-0 LEGANÉS “B” : “O BERGAN GAÑA E SEGUE NA LOITA POLO PLAY-OFF DE ASCENSO”.

Traballado trunfo do Bergantiños.

 

Bergantiños FC 1-0 Leganés “B”

Encontro moi complicado o que se levou o equipo carballés, ante un Leganés “B” que fixo méritos para puntuar, pero que non foi quen de igualar o tanto acadado por Antón Escobar, noveno na sua conta particular.

Os carballeses souberon aguantar e buscar o gol, ata acadalo, pero sufriron tralo mesmo, xa que aí foi cando o equipo madrileño máis increpou e rozou o gol.

Un trunfo que fai que os carballeses se poñan en postos de “Play-Off”, a espera do que faga hoxe o Palencia Cristo, rival dos de Carballo o vindeiro Domingo. Entre medias, o Bergan, ten un encontro aprazado no seu día, ante o Salamanca UD, o vindeiro mércores nas “Eiroas”, ás 19:00 horas, duas citas moi importantes de cara o posicionamento do equipo na liga.

Bergantiños FC : Canedo; Brais Martínez, Hugo, Agulló, Blas (Parga, 46); Remeseiro (Estramil, 90), Uzal; Yelco, Carlos (Concheiro, 73), Boedo (Cano, 65); Escobar (Cristian, 65).

Leganés “B”: Valero; Camacho, Lalo, Ofoliquaye (Luis Forcen, 53), Samed, Rubio (David López, 46); Álex, A. Mourid, Rentero, Diego; Mario.

Goles : 1-0 Antón Escobar, (50´).

-Foto : Captura TVG

-Texto : piratasdemuxia