BERGANTIÑOS CF E UD PAIOSACO XOGARON O PRIMEIRO AMIGABLE DA ZONA, (2-2).

Os suplentes do UD Paiosaco na grada das Eiroas.

 

Bergantiños CF e UD Paiosaco que ambos competirán no Subgrupo A do Grupo 1 da 3ª División, disputaron no día de hoxe no Campo das Eiroas, (Carballo), o primeiro amigable da pretempada na nosa zona. Un choque no que se adiantou o clube peisaqués, para que remontase o clube carballes e acabar con empate a dous, (2-2), con goles de Litos e Neno para os peisaqueses e de para os bergantiñistas de Lamelas e Tarí.

O Bergantiñod CF xogará un novo amigable o vindeiro 26 de Setembro a partires das 11:00 horas nas Eiroas fronte o Fabril e repetirá o 3 de Outubro no seu féudo ante o Depor, no primeiro caso a porta pechada e no segundo ás 19:00 horas e cabería a probabilidade de que se disputase cun púbrico reducido, pero está no ar esta posibilidade. O clube carballés avisará con tempo se cabe a posibilidade.

-Foto : UD Paiosaco

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies