O Bergan está a escribir unha das mellores páxinas da sua historia.
O fútbol as veces ten moito de lóxica, non sempre pero moitas das veces basta ver o rumbo dun equipo para augurar cousas boas ou cousas malas. De principio chegaba o banco un dos granndes adestradores galegos a hora de sacarlle rendemento as plantillas e a sua confección e saber colocala no terreo de xogo. Non hai moito José Luis Lemos facía o mesmo co CD Boiro, daquela co noso amigo Rubén García o seu carón, e desta volta xa se veu dende a pretempada que o Bergantiños CF ía a ser un equipo moi difícl de dobregar, e máis co transcurso dos encontros e así foi.
Campión indiscutible da liga no Grupo Norte da 3ª División, con 14 encontros gañados, 6 empatados e tan só 2 perdidos, (ambos como visitante), e no medio de todo isto loitando cos paróns por positivos en COVID-19, no seu plantel ou nos rivais.
Un total de 37 goles a favor, terceiro máximo goleador, despois de UD Somozas e Fabril, que acadaron 41, e tan só 16 goles en contra en 22 encontros, sendo o equipo menos batido. Os máximos goleadores bergantiñistas nesta liga foron : Marcos Remeseiros, (8), Lamelas, (6), Tari, (5) e Jorge Cano, (5).
De ser o mellor na liga regular, pasouse a Fase de Ascenso, na que ainda pode quedar campión galego da categoría, pois enfróntase o vindeiro Domingo 9 de Maio no “Espiñedo” ao CD Arenteiro, co título en xogo, xa que os carballeses están a 2 puntos dos do Carballiño, aos que derrotaron no primeiro encontro por 3-2 nas Eiroas. Paradoxas que sexan os dous que ascenden e que se xogan o título de campión de Carballiño e Carballo.
Na Fase de Ascenso os carballeses sumaron 3 vitorias, e 2 derrotas, con 6 goles a favor e 10 en contra. Maior tensión notouse nesta fase, e encaixou o equipo, o que non fixese en toda a liga da 1ª fase, pero o final o equipo deu a talla para endereitar de novo o rumbo de cara a un máis ca merecido ascenso a 2ª RFEF.
“A nosa maior das felicitacións a tódolos que forman o Bergantiños CF : Xogadores, corpo técnico, axudantes do clube, médicos, diretivos e afeccionados…Noraboa!!!”.
-Foto : Twitter Bergantiños CF/Yelco
Texto : piratasdemuxia