BERGANTIÑOS CAMPIÓN DA “I COPA DA COSTA FEMININA” NUN ENCONTRO DOS QUE FAN AFECCIÓN.

Ambos conxuntos posaron para posteridade

ca “I Copa da Costa Feminina” federada.

 

Bergantiños Feminino 6-3 ED As Miúdas

Tremendo encontro o vivido no Conco na mañán do Domingo e previo a final senior de pola tarde. Chegou a ir perdendo o ED As Miúdas por 2-0 e remotar ata o 2-3, para logo nunha  empatar as bergantiñanas e pasar a unha prórroga na que arrasaron as caballesas ata alcanzar o 6-3 definitivo.

Bergantiños Feminino CF : Lara Sánchez, María Gómez, Marta, María Insua, Isa, Tamara, Noelia, Carla, Eva e Fra. Tamén xogaron : Isabel, Laura, Paula, Lara e Tania.

ED As Miúdas : Yaiza, Martina, Laura, Marta, Bárbara, Pati, Gala, Leti, Noe, Paula e Antía. Tamén xogaron : Mara, Sandra, María Caamaño, Eva e Íria.

 

Goles : 1-0, María Insua, (17´); 2-0, Fra, (35´); 2-1, Noe, (42´); 2-3, Antía, (47´de penalti); 3-3, Isa, (72´); 4-3, Laura Seoane, (92´); 5-3, María Insua, (95´); 6-3, Marta, (99´).

 

Árbitro principal : David Vázquez Lema

Árbitros Asistentes : Óscar Rey e Lucas Vicente

Cartóns : Non se amosou ningún cartón.

 

A VISIÓN DOS ADESTRADORES 

 

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños CF) : “Final bonita para o espectador que puido ver moitos goles. Na primeira metade fomos nós mellores e marcamos dous goles, a pena foi que xusto antes do descanso conseguiron acurtar distanzas, un gol psicolóxico e sairon mellor na segunda metade e remontáronnos, cun gol de penalti e outro un golazo. Conseguimos empatar e fomos a prórroga, a nosa consigna era que tíñamos que evitar chegar os penaltis e saimos moi fortes e con poderío físico, con intensidade e transicións rápidas  e atacando e conseguimos levarnos o partido. O final o gañamos, pero a festa non foi só pola nosa parte, a festa foi para o fútbol feminino. Felicitar ao ED As Miúdas pola gran tempada que fixo e que siga así, e animar a que haxa máis equipos femininos, e que poida facerse no futuro esta competición máis longa e con máis equipos”.

 

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un duelo moi disputado e á altura do día histórico que se presentaba, para cantos estiveron presentes. Cónstame que foi un gran partido, ambos equipos tiveron fases de dominio e o final gañou quen supo manter a cabeza fría na súa área, e as forzas das nosas tras conseguir a épica remontada viñéronse abaixo no único erro defensivo da segunda metade, na prorroga, co inesperado gol de Seo nonque parecía un despexe que ía fora xa nos fomos totalmente do partido. Ambientazo inolvidable que oxalá se repita nun ano cas mismas rivais, o fútbol débenos unha. E agradezo moitísimo o esforzo das nosas deportistas, creendo nas compañeiras para sacar coraxe e poñernos a un pasiño do soño, son únicas cando reman xuntas”.

 

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos/as que forman o Bergantiños Feminino CF.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es