Beba, campión do torneo por 3ª vez.
Coma cada ano nestas datas do Nadal celébrase na Picota, (Mazaricos) o “Torneo Interparroquial de Mazaricos”, un torneo que se desenrola no Nadal e fin de ano e do que coma sempre o noso colaborador, Jorge Villar “Gorrión”, tráenos toda a información e fotos do mesmo.
Este ano o Tabula da parroquia de Beba foi o campión, e ademáis o seu xogador Ferreiro, con 7 goles foi o máximo goleador do torneo, que unha vez máis gozou dun gran ambente no pavillón da Picota.
Lamentar a lesión de Carreira, que xogaba co Cives e que como nos día Jorge Villar “Gorrión” é : “Un rapáz que loita por Mazaricos, levando o ximnasio da Picota e sempre axudando nas actividades deportivas”, e o cal tanto dende tódolos equipos e orgañizadores coma nós mesmos lle deseamos unhapronta e satisfactoria recuperación.
“TORNEO INTERPARROQUIAL DE MAZARICOS
3 grupos de 3, pasaban os 3 primeiros e o mellor segundo.
Grupo A
Corzón 4-3 San Cosme
Cives. 7-3 Corzón
San Cosme 1-4 Cives
1° Cives. 6 puntos
2° Corzón 3 puntos
3° San Cosme 0 puntos
Grupo B
Baos 3-1 Arcos
Mazaricos 1-11 Baos
Arcos 3-6 Mazaricos
1°Baos 6 puntos
2° Mazaricos 3 puntos
3° Arcos 0 puntos
Grupo C
Asenso 2-3 Coiro
Beba 10-2 Asenso
Coiro 2-3 Beba
1° Beba 6 puntos
2° Coiro 3 puntos
3° Asenso 0 puntos
ESCOLMA DE FOTOS
CORZÓN
Coiro 3° clasificado o vencer a os Vaos por 3 a 1
Cives 2° clasificado
Monteagudo entrega o segundo premio a Molinos do equipo de Cives, compañeiros no fútbol sala.
Monteagudo entrega o trofeo de 3° clasificado a Carreira de Coiro.
Jorge Villar, conselleiro de deportes, entrega a Tabula do Beba o trofeo de 1° clasificado.
O equipo de fútbol sala de Mazaricos sorteou
unha equipación e unhas botellas.
-Fotos e Texto : Jorge Villar “Gorrión”.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.