BASTANTE POR DECIDIR TRALA IDA DOS CUARTOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA CADETE”.

O Muxía derrotou o Cee a domicilio.

 

Comezou a Copa da Costa Cadete nas eliminatorias, trala previa do pasado 24 de Abril na que o UC Cee deixaba fora ao SD Sofán, (1-0), e nestes Cuarto de Final, o Xallas e ED Os Miúdos deixaron practicamente sentenzada a eliminatoria e xa teñen pé e medio nas semifinais, ainda que nesta categoría pode pasar de todo. Pola sua banda o Muxía gañaba a domicilio en Cee, pero o resultado tan axustado e o ser unha eliminatoria, fai que esté todo no ar, o mesmo que pasa no enfrontamento antre o Outes e o Cerqueda, que gañaban os cerquedenses por 2-3, pero non hai nada dito.

 

“CUARTOS DE FINAL COPA DA COSTA CADETE”

-IDA-

 UC Cee 0-1 Muxía CF

 Xallas FC 8-2 Cabana SD

 Ponteceso SD 1-5 ED Os Miúdos

Outes FC 2-3 UD Cerqueda

 

Encontros de volta o Domingo 15 de Maio

 

-Foto : FaceBook Outes FC

-Texto : piratasdemuxia.es