BASE FISOBER FSF : TRABALLADA VITORIA DO FISOBER INFANTIL FEMININO ANTE O BURELA, (2-1)”.

BASE FISOBER FSF
Preferente Fútbol Sala
As infantís do Fisober seguen a sorrir: vitoria traballada ante o Burela FS (2-1).

A tarde de fútbol sala nas IDM O Conco de Dumbría non decepcionou. Despois do gran triunfo do equipo sénior, tocaba quenda para a base feminina, que volveu demostrar que o proxecto do Fisober segue a medra con paso firme. O duelo ante o Burela FS resultou moi igualado, con alternativas e emoción ata o final, pero os 3 puntos quedaron na casa tras un exercicio de seriedade e competitividade.

 INFANTIL 
FISOBER FSF 2-1 BURELA FS

As costeiras saltaron á pista concentradas e con ganas de impoñer o seu ritmo. O encontro mantívose equilibrado dende o inicio, con ocasións para ambos equipos. O Fisober, sólido atrás e incisivo nas transicións, conseguiu atopar o camiño do gol grazas a Mar e Martina Fernández, protagonistas ofensivas da tarde.

O Burela apertou no tramo final, pero a grada respondeu e o equipo soubo sufrir para selar unha vitoria de moito mérito.

 Fisober FSF Infantil : Carlota, Claudia Ares, Martina Fernández, Martina Lago e Mar. Tamén participaron: Jimena, Zoe, Noa, Icía, Iria, Alba e Paula.

 Goleadoras : Mar e Martina Fernández

 O que vén

Na vindeira xornada, os dous conxuntos da base feminina, (alevín e infantil), deberán viaxar para medirse ao FSF Castro, nunha saída sempre complicada pero na que as costeiras agardan manter a boa dinámica.

.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”