Martín, Barritos, Álvaro e Raúl ca camisola muxiana.
Barritos Botana, mítico delegado do RC Deportivo, xunto co ex árbitro internacional,Raúl García de Loza, pasáronse por Muxía a deleitarse cas delicatessen do noso amigo e colaborador da web, Álvaro Rodríguez, no seu local “A Lonxa D´Álvaro”, que ostenta duas mencións na Guía Michelín e dous Soletes de Repsol. Con eles tamén estivo o mítico do fútbol costeiro, e do Muxía CF, Manolo Martín, orgañizador en máis de duas décadas do trofeo co seu nome.
Na sobremesa quitaron a foto de rigor ca camiseta do Muxía CF, e tiveron tempo para botarse unhas risas bromeando sobre a posibilidade de que Barritos ocupase un posto no clube muxián, pero o posto de delagdo xa está ben cuberto por Felipe Vilela.
Ademáis de falar do fútbol da costa, (García De Loza xa arbitrou máis dun amigable en Muxía), falaron do Depor e todo canto aconteceu e está acontecendo. Como xa se sabía, marcharon encantados do trato e da riqueza da cociña de Álvaro Rodriguez, e dos produtos da nosa terra.
Cada ano son moitos os famosos que pasan pola “Lonxa D´Álvaro”, e moito máis dende a apertura do parador de Lourido, e se o excelente cociñeiro muxián ten tempo non pasan sen scarse a foto ca “muxiana”.
-Foto : Álvaro Rodríguez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”