BARCIA, RENOVA ATA 2024 E TERÁ FICHA DO PRIMEIRO EQUIPO.

 

O xove canteirán Dani Barcia, (Cambre 2003), campión de España xuvenil, e Internacional Sub 19, que xa ven adestrando co primeiro equipo dende fai tempo, e incluso xa foi en algunha convocatoria, ven de asinar ata 2024 e terá na vindeira tempada ficha do primeiro equipo. O xove central xa tiña un acordo de renovación ata ese mesmo ano, pero todo apunta a que había algunha clausula pois foi no día de onte cando as partes asinaban o novo contrato de maneira oficial.

O central deportivista campión da 3ª División co fabril, é unha das promesas de Abegondo, desas que desaproveitou un tal Óscar Cano, e que ca chegada de Rubén de la Barrera, e a sua filosofía de que non mira o carnet de identidade dos xogadores, ábreselle unha porta a él e o resto de canteiráns. Xa no encontro do pasado sábado deu entrada no once inicial a Trilli e Yeremay como titulares, tras ser “insultados” de maneira futbolística polo anterior ocupante do banco deportivista. Na segunda metade debutou o xuvenil de primeiro ano, David Mella.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies