BARCELONA 9-0 DEPORTIVO FEMININO : “GOLEADA ANTE UN BARCELONA SEN COMPASIÓN”.

 

Con 16 xogadoras e moitas baixas por sanción e lesión tocaba afrontar o partido máis complicado da temporada no Estadi Johan Cruyff ante un FC Barcelona intratable en todos os aspectos.

O primeiro remate, de Hamraoui, tardou menos dun minuto en chegar, cunha intervención segura de Sullastres. Cun corner sen consecuencias completáronse o cinco primeiros minutos dun partido cuxa gran ocasión inicial foi para o Dépor. Michelle no minuto 7, cunha internada á contra após pase de Lady Andrade, rematou desde o pico da área pequena contra o lateral da rede da portería de Sandra Paños.

Baixo paus á saída dun corner librou a zaga deportivista na antesala do primeiro gol, un balón centrado desde a esquerda ao punto de penalti onde Mapi León, sen parar o balón, rematou dentro. Todo o contraro que Jenni Hermoso, que un minuto despois tivo a mesma, máis clara aínda porque estaba soa na frontal da área pequena ante Sullastres, pero rematou fóra. E a terceira, con disparo acrobático de Alexia, liquidárono entre Sullastres, o pau e de novo a porteira deportivista ante Martens.

A picardía e o erro arbitral, deixando sacar cando pintara co espray para medir a distancia, serviu para o segundo do Barça mentres se defendía unha falta. O saque rápido serviu para meter un balón á área que acabou tropezando en Villegas e batendo a Sullastres camiño do minuto 20. Entre a propia Villegas e Sullastres salvaron o gol a remate de Marta Torrexón á saída de corner.

O Dépor puido dispor dunha boa ocasión para recortar distancias, pero a colexiada sinalou un fóra de xogo inexistente de Eva Dios cando encaraba soa a Paños. Tamén a tivo Lady, que roubou á saída dun corner e após galopada de 70 metros, acabou sendo molestada por Andrea Pereira para rematar fóra.

A partir de aí o Dépor ABANCA se desmoronó. Antes do terceiro Hermoso fixo estirarse a Sullastres para que Alexia rematase alto de cabeza. Non fallou a seguinte nun pase atras de Graham e gran remate de Alexia para facer o terceiro. Un erro sacando o balón de porta provocou o cuarto grazas á presión alta do Barça e o roubo de Alexia que anotou de novo. Antes do quinto Martens rematou de lonxe para que atrapase Sullastres. A propia neerlandesa centrou para que Jenni, de cabeza desde a frontal da área pequena, anotase o quinto. Polo outro costado chegou o sexto, cun centro ao que se cruzou Iris e que acabou superando a Sullastres. No último corner da primeira parte liquidou primeiro Sullastres axudada polo traveseiro pero Torrejón non perdoou o sétimo en boca de gol e en boca de descanso.

Após a continuación aguantou ben o Dépor ABANCA de novo os primeiros compases nos que só Martens, desviado de cabeza a centro de Hamraoui, fixo perigo. Sobreapasado o minuto 10, balón centrado e remate de Alexia de cabeza na área pequena ante o que nada pode facer Sullastres para atallar o oitavo.

De aí até o final o dominio seguiu sendo local, pero cunha marcha menos metida. Losada puxo na cabeza de Jenni un remate que acabou no pau antes de que ambos os adestradores comezasen a mover os bancos. Triplo e dobre cambio no Barça mentres que o Dépor ABANCA facíaos dun nun sen moito máis marxe de manobra. Sullastres tivo que facer unha enorme estirada para evitar o noveno a disparo de Vicky Losada a vinte minutos do final. Losada desviado tivo de novo a oportunidade para un noveno que chegou de penalti, excedido xa o minuto 90.

 

FC Barcelona: Paños, María León (Laia, min. 61), Melanie, Losada, Jenni Hermoso, Marta (Ana Crnogorcevic, min. 70), Hamraoui, Alexia (Aitana, min. 70), Graham (Mariona, min. 61), Pereira (Leila, min. 61) e Martens

Dépor ABANCA: Sullastres, Cris, Iris, Villegas, Patri López, Bedoya, Carlota (Helena, min. 65), Michelle (Tati. min. 68), Lady, Eva Dios (Sara Álvarez, min. 83) e Peke

Goles: 1-0 Mapi León (min. 9); 2-0 Villegas -pp- (min. 18); 3-0 Alexia (min. 31); 4-0 Alexia (min. 33); 5-0 Jenni (min. 36); 6-0 Iris -pp- (min. 41), 7-0 Marta Torrejón (min.45); 8-0 Alexia (min. 57); 9-0 Jenni -p- (min. 90+2)

Árbitra: Cebollada López (c. aragonés). Sen amoestacións

Incidencias: Partido da 26ª xornada de Primera Iberdrola disputado no Estadi Johan Cruyff con aforamento reducido ante 864 espectadores.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies