BARCA TOBA, A MELLOR DEPORTISTA MUXIANA DE TÓDOLOS TEMPOS E UNHA DAS MELLORES DA COSTA DA MORTE.

 

A muxiana Barca Toba Suárez culminou a pasada semana o Gran Fondo do Ézaro proclamándose campiona por segundo ano consecutivo. A atleta, agora adicada o ciclismo, nunca ten límites, e non o amosou nesta proba, senín que nunha carreira de obstáculos que foi salvando e chegando sempre a meta por diante de todos/as.

Parte culpable de que o Fisober FSF sexa hoxe en día o referente do fútbol sala na Costa da Morte, partícipe de que da nada chegase o clube as suas máis altas cotas, sendo campionas de Galicia e chegando ata a 2ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino. Tamén estivo antre as que formaron a primeira Selección da Cista de fútbol campo e xogou en equipos da importancia do SD Orzán. Pasouse o atletismo e acadou fitos a nivel galego e nacional e dende fai un tempo, primeiro convinou ciclismo e atletismo e agora máis centrada no ciclismo tamén vai sumando méritos e títulos, tanto a nivel galego como a nivel naional.

 

 

O Gran Fondo do Ézaro ten escrito en letras de ouro o seu nome, pois se o ano pasado acadaba a primeira praza nun percorrido de 77 Kms, desta volta voltaba a facelo, nas mesmas 3 horas, completando a terrorífica subida o mirador sen baixarse da bici, sendo o percorrido máis esixente do do pasado ano e de máis Kms, (84), e co “handicap” de que viña de competir o día anterior no Campionato Galego co seu equipo.

Con todo iste cúmulo de obstáculos que tivo que salvar as sensacións para a deportista muxiana foron boas : “As sensacións foron moi boas. Foi moi duro o traxecto ata Muxía que foi por Touriñán, máis bonito, pero moi esixente. Fun controlando ata chegar o pobo e a saida de volta o Ézaro apretei en caso de que houbese outra contrincante diante de min, e así foi. Adianteina en Berdoias”, a 15 Kms da Vola da Barca.

 

 

Non foi tan só o reto de Barca o de gañar de novo a carreira, senón que quería completala enteira sobre a bici, xa que como decíamos o ano pasada tivo que baixarse en algún intre das rampas do Mirador do Ézaro : “Cando cheguei non sabía se revalidara o título, pero o que me alegrou antes de saber o resultado foi haber subido ata o Mirador sen baixarme da bici, que era todo un reto, despois do esixente da proba”.

Agora a ciclista muxiana ten por diante varias probas, a espera de confirmarse a participaciín dunha proba en Ciudad Real a finais de Xuño, ten por diante competicións en Agosto e Setembro, antre elas unha nos Ancares e outra en Vigo.

Barca Suárez é sen dúbida a mellor deportista muxiana da historia, e tamén sen dúbida ningunha unha das primeiras neste rango na Costa da Morte.

-Texto : piratasdemuxia

-Fotos : Barca Toba

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies