Barbero lesionouse ante o Unionistas o 16 de Setembro.
Será difícil que entre na convocatoria para león o vindeiro Domingo 14 de Xaneiro do 2024, no Reino de León a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), pois ainda ten que coller ton físico, pero a boa nova da volta o traballo do equipo foi a de que Barbero adestrou con normalidade co grupo, apurando en un mes a sua volta estimada trala lesión o 16 de stembro ante Unionistas de Salamanca, non así Villares nen José Ángel, lesionados na vitoria ante o filial da Real. Tamén participou co grupo Jaime Sánchez, xogador polo que preguntou o Córdoba CF.
No tema de novas incorporacións parece ser que Cris Montes está fichado, para duas tempadas e media. O extremo dereito canario, podería ser anunciado en breve si o Eldense acepta a oferta do RC Deportivo, ou senón chegaría libre despois do vindeiro 30 de Xuño, xa de cara a vindeira tempada. O clube alicantino ten a pelota no seu tellado, ou aceptar, con condicións de cara a unha futura venta ou ascenso, ou quedar sen él o rematar a tempada. Tamén parece ser que está fichado o meta do Antequer Eric Puerto, un porteiro sub 23 que apunta moi boas maneiras. Esto apunta a que a realidade de Ian Mackay está fora do clube.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”