BANDO DE PROCEDEMENTOS E RECOMENDACIÓNS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS ANTE O CORONAVIRUS :

 

Non é deporte pero é unha información de caracter sumamente importante e de interese púbrico o que nos fai chegar o departamento de prensa do Concello de Camariñas.

 

DONA SANDRA INSUA RIAL, ALCALDESA DO CONCELLO DE
CAMARIÑAS (A CORUÑA).
FAI SABER:

Á VECIÑANZA que debido á preocupante situación xerada pola
expansión do Coronavirus, o Concello de Camariñas decidiu adoptar as
seguintes medidas preventivas:
• A suspensión de todas as actividades municipais deportivas, culturais
e de servizos sociais ata o día 30 de marzo, como mínimo e
condicionado á evolución da enfermidade.
• A atención ao público nas dependencias municipais limitarase a
causas de urxencia e extrema necesidade, chamando previamente ao
teléfono do Concello (981736000) ou ao da Casa de Pedra
(981737004). Tamén se poderán levar a cabo as xestións precisas a
través da sede electrónica (sede.camarinas.net).
• Peche das instalacións municipais: biblioteca, polideportivos…
• Suspensión de todas as actividades, cursos, obradoiros ou accións
similares que, por parte de asociacións, agrupacións, veciños e
veciñas, etc. se leven a cabo en instalacións ou edificios municipais.
• Suspensión dos mercados municipais previstos, como mínimo, ata o
30 de marzo.

Recoméndase tamén:
• Non levar aos nenos e nenas ao parque infantil.
• Evitar as aglomeracións, realizar viaxes e desprazamentos.
• Seguir as instrucións ditadas polas autoridades sanitarias.
Rógase a todos os veciños e veciñas de Camariñas a máxima colaboración.

A alcaldesa,
Sandra Insua Rial

 

www.piratasdemuxia.es está aberto a pubricación de todo o que teña que ver con este duro trance que estamos a vivir coa expansión do COVID-19 que temos que tumbar antre todos. Como xa o fixemos con outros concellos, fose de informacións que concernían ao deporte ou non, podedes mandarnos os vosos procedementos a info@piratasdemuxia.es

 

-Foto : Google IMAGES

-Texto : piratasdemuxia.es/Departamento de prensa do Concello de Camariñas

Nos nosos “Vídeos Recomendados” na parte dabaixo da portada da web podes ver tódolos vídeos que vai colgando o RC Deportivo no mesmo instante en que os fai púbricos. Unha xentileza do noso clube que agradecemos e para disfrute de todos vos.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies