BANDO DE MEDIDAS E RECOMENDACIÓNS DO CONCELLO DE MALPICA ANTE O CORONAVIRUS :

 

Non é deporte pero é unha información de caracter sumamente importante e de interese púbrico o que nos fai chegar o departamento de prensa do Concello de Malpica que nos extrapolamos a toda a sociedade :

DON WALTER PARDO AÑÓN, ACALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE MALPICA DE
BERGANTIÑOS FAI SABER :

MEDIDAS E RECOMENDACIÓNS ANTE A PANDEMIA DE CORONAVIRUS

O 13 de Marzo de 2020 ditouse por esta Alcaldía o Decreto 126/2020 adoptando as seguintes
medidas, a fin de garantir a protección da saúde pública.

As presentes medidas aplícanse dende o día 13 de marzo de 2020 e estarán vixentes ata o día 30
de marzo como mínimo e condicionado á evolución da enfermidade:

 Suspender todas actividades municipais organizadas polo Concello.
 Proceder ao peche de todas as instalacións municipais: biblioteca, pavillón, ximnasio,
centros culturais…
 A atención ao público nas dependencias municipais limitarase a causas de urxencia e
extrema necesidade, chamando previamente ao teléfono do Concello, 981720001. Tamén se
poderán levar a cabo as xestións precisas a través da sede electrónica
https://sede.malpicadebergantinos.es/opencms/es
 Suspensións do mercado semanal que se celebra os sábados.
Así mesmo esta Alcaldía recomenda á veciñanza:
 Non levar aos nenos e nenas ao parque infantil.
 Evitar aglomeracións, realizar viaxes e desprazamentos.
 Extremar as medidas de coidado e hixiene persoal.
 Non acudir ao centro de saúde se non é una urxencia, aplazar os controis rutinarios da
tensión e solicitar recetas ou resultados de probas vía telefónica.
 Recordar gardar unha distancia co resto de persoas na rúa e especialmente nos lugares
cerrados.
 Seguir as instrucións ditadas polas autoridades sanitarias.
(Documento asinado electrónicamente).

 

www.piratasdemuxia.es está aberto a pubricación de todo o que teña que ver con este duro trance que estamos a vivir coa expansión do COVID-19 que temos que tumbar antre todos. Como xa o fixemos con outros concellos, fose de informacións que concernían ao deporte ou non, podedes mandarnos os vosos procedementos a info@piratasdemuxia.es

 

-Foto : Google IMAGES

-Texto : piratasdemuxia.es/Departamento de prensa do Concello de Malpica

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” na parte dabaixo da portada da web podes ver tódolos vídeos que vai colgando o RC Deportivo no mesmo instante en que os fai púbricos. Unha xentileza do noso clube que agradecemos e para disfrute de todos vos.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.