BALENZIAGA DESPÍDESE DO DEPOR E PABLO MARTÍNEZ RENOVA.

 

O clube e os propios xogadores informaron do seu futuro. Balenziaga en rolda de prensa anunciou que non seguirá a pesares de que co ascenso tiña un ano máis e Pablo Martínez asinou por un ano máis con opción a outro.

Mikel Balenciaga : “o ano que vén non vou continuar no Club. Durante a temporada tiven dúbidas porque o ano pasado baixei de Primera División a Primera RFEF. Quixen deixar un pouco de lado o fútbol profesional. Este ano tiven dúbidas porque tiña contrato en caso de ascenso, vía que iamos ascender, e tiven esas dúbidas porque xogar no Deportivo é un privilexio, é un orgullo e en Segunda División aínda máis. Ao final tiven a cabeza fría e esa decisión que tomei o ano pasado este tamén a vou a seguir mantendo. A decisión está tomada esta semana. Reuninme xa co Club. Eles xa sabían que tiña dúbidas e díxenlles que a decisión estaba tomada e que o ano que vén non vou continuar no Dépor”.

“A decisión de non seguir no Deportivo e no fútbol profesional téñoa 100% clara. Agora, o deixar o fútbol ou o seguir traballando disto aínda non o teño claro. Teño ganas de irme á miña casa, pasar un mes de vacacións alí e ver o que me pide o corpo”.

“É un tema persoal máis que familiar. É unha decisión que tomei eu, por suposto, acordada coa familia. O ano pasado xa dei o paso de vir ao Dépor, a Primera RFEF. O fútbol profesional ten as súas esixencias. O Deportivo aínda máis. Chegou o momento de dicir adeus ao fútbol profesional definitivamente e de centrarme noutras cousas. Non sei se como xogador, se formándome como adestrador pero esa decisión xa a tomarei despois de pasar un mes tranquilamente coa miña familia, cos meus amigos e con total tranquilidade”.

“Atopeime ben, o corpo funcionoume ben, xoguei moitos partidos, estou moi contento coa temporada que fixen; pero teño 36 anos e quérome enfocar noutro tipo de vivencias ou de fútbol máis tranquilo”.

“Foi unha tempada de aprender moitísimo. Viña co obxectivo de ascender co Deportivo. Tivemos un inicio de temporada até decembro, xaneiro, complicado. Os resultados non saían, as cousas non saían. O equipo deu un forte golpe encima da mesa alá por xaneiro e ao final vimos as dúas caras do fútbol esta temporada. A nosa afección creu en todo momento, nós tamén, e todo iso fíxonos poder ascender, poder conseguir o obxectivo”.

“Foi acertadísima miña decisión e non só por ascender, porque é verdade que o obxectivo o cumprimos, pero vivir o que é o Deportivo, a cidade, a afección, o club, a institución. Se non viñese perderíame o privilexio de vivir un ano nesta preciosa cidade e de xogar nun equipo histórico e que grazas a que ascendemos, está onde se merece outra vez”.

“O Depor demostrou ter paciencia con Imanol, demostrou seguir crendo no proxecto, nos xogadores, adestradores. Imanol pois foi un dos grandes culpables deste ascenso. Ao principio foi duro, difícil, non saían as cousas, pero dentro sempre estivemos, tanto el como o equipo convencidos de que se podía dar a volta á situación. O gran culpable de todo isto é Imanol”.

“Márchome despois de vivir un ano máxico, inesquecible, que saíu todo como queriamos…Queríao dicir esta última semana porque quería gozar do que conseguimos. Estas dúas semanas foron súper intensas. Oxalá poida vivir outro ascenso co Deportivo e gozar doutro ascenso. Virei celebrar, seguro. Vénche á cabeza todo o vivido este ano, os compañeiros… Tamén quería agradecer ao club pola confianza que me deu no seu momento, a Imanol por esa chamada que lle agradezo moitísimo porque se non se producira, non estaría hoxe sentado aquí. En xeral a todos os traballadores do Club, corpo médico, corpo técnico, sobre todo aos xogadores que me fixeron feliz durante o día a día este ano e non quero esquecerme tampouco dos siareiros, que foron os que realmente creron en todo isto cando as cousas non ían tan ben como queriamos”.

Pablo Martínez renova por un ano con opción a outro

O abrazo o sair do campo ante o Castellón parecía un adeus, e ademáis de marcar o gol da remontada, pero a boa nova chega ca renovación de Pablo Martínez “PAMA”, para a vindeira tempada e con opción a un ano máis. O central ou lateral zurdo galo, que marcou 4 goles suma 66 aparicións oficiais co Dépor, repartidas do seguinte modo: 61 partidos en Primera Federación, 2 en Copa del Rey, 2 en playoff de ascenso a Segunda División e 1 na Final de Campións de Primera Federación. En total, marcou 4 tantos, todos eles esta temporada e o último hai dous días para dar a vitoria aos branquiazuis fronte o CD Castellón no encontro de ida da Final de Campións.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies