BAIÑAS E CAMELLE XOGARÁN UN ENCONTRO BENÉFICO CONTRA A “SÍNDROME DE RETT” E PIDEN A COLABORACIÓN DE TODOS.

 

O vindeiro 28 de Nadal o Baiñas e o Camelle xogarán un encontro benéfico contra o Síndrome de Rett. O encontro terá lugar no Municipal de Vimianzo a partires das 16:30 horas.

Dende ambos clubes animan a asistir a cita e axudar con colaboración xa que todo o recadado será destinado a apoiar a investigación e as familias afectadas pola enfermidade. Teñen abertas varias maneiras de apoiar a causa como a de achegar publicidade patrocinando o evento, ou con donacións. Para máis información podedes contactar cos teléfonos : 646 538 319, (Kevin) e 627 778 698, (Sergio).

A síndrome de Rett é un trastorno xenético neurolóxico e do desenvolvemento raro que afecta a forma en que se desenvolve o cerebro. Este trastorno provoca a perda progresiva das capacidades motrices, (camiñar, comer, e mesmo respirar normalmente), e de fala. A síndrome de Rett afecta principalmente ao sexo feminino.

 

-Foto : A orgañización

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies