“AXENDA PIRATA” PARA ESTA FIN DE SEMANA “DAS LETRAS GALEGAS” CON COPAS SENIOR E DE BASE E PLAY-OFF DE ASCENSO.

Aquí tedes o que temos no fútbol costeiro nesta fin de semana das “Letras Galegas” e na que se aproveita con moitas das liga acabadas para dar paso as copas, tanto en senior masculino coma en feminino e na base co comezo das cospas en infantís, cadetes e xuvenís. Tamén temos os encontros de ida dos Paly-Off de ascenso a 1ª Futgal e a Liga da costa. Coma sempre ofrecémosvos a axenda dos equipos deportivistas co Depor xogando no “Día das Peñas” e cos deberes feitos e co Fabril que buscará remontar ó 0-0 da ida dos Play-Off de ascenso a 1ª RFEF, na 2Condomina” ante o UCAM Murcia. Tamén hai partidos de trámite para o Deportivo ABANCA e o xuvenil.

Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

Climatoloxía

Tanto o sábado coma o Domigno predominará o vento de leste, (E), con máis claros cara o sur e máis nubrados cara o norte. Solleiro pola mañán o Domingo e con nubrados pola tarde.

Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Fotomontaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies