“AXENDA PIRATA” dos encontros que se xogan hoxe sábado nas ligas da costa.

Aquí tes a nosa AXENDA PIRATA cos enfrontamentos, datas e horarios dos encontros de hoxe sábado das ligas con equipos da costa ou totalmente da costa en senior e veteranos, de homes e de mulleres. Son un total de 3 encontros os que se xogan na tarde de hoxe, un na Primeira Futgal, en Fisterra e dous na 3ª da Costa. Os encontros coma en cáseque tódalas ligas son o derradeiro deste curso.

Festa do Camelle

O SD Camelle terá na tarde de hoxe un encontro no Rodeiro co CF Muxía “B”, un enfrontamento de equipos irmáns dado que varios dos xogadores do conxunto camellán pasaron polo Muxía desde categorías de base e ata o primeiro equipo algúns, outros por circunstancias acabaron en xuvenís. O encontro de despedida da liga será toda unha festa ppois o clube que preside Luis Romaní prepararalle unha churrascada e cun Dj no campo.

O Domingo a Final de Veteranos

Este vindeiro Domingo teremos a final da Copa da Costa de Veteranos, para a que podes ler a nosa previa se PREMES AQUÍ.

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

34ª Xornada

Sábado 16/05/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SD Fisterra – Racing San Lorenzo, ás 18:00

.

3ª DA COSTA

30ª xornada 
Sábado 16/05/2026

Volantes de Baño FC  SD Oza, ás 17:00

SD Camelle CF Muxía “B”, ás 19:00

.

-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”