Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos principais equipos deportivistas. As rapazas do Deportivo ABANCA xogan mañán sábado televisado pola TVG2 e tanto o Fabril coma o Depor xogan o Domingo, os fabrilistas pola mañáns e o primeiro equipo pola tarde en Oviedo onde haberá un desprazamento masivo no que estaremos Os Piratas de Muxía coma no que vai de tempada en tódolos campos do norte e algún do leste e do sur.
Esta fin de semana vai ser atípica xa que tocaba descanso e en troques xóganse tódolos encontros que se suspenderon o pasado 26 de Xaneiro cando o tremedo temporal de vento e chuvia con ventos por enriba dos 160 Kms/h obrigou a suspender a xornada dominical. Si se xogaron os do sábado pero destas 8 ligas de afeccionados que vos traemos na nosa aenda tan só se xogaron 2 na 2ª Galega Feminina G1. Hoxe venres xogaranse encontros da Liga da Costa, e da 3ª Galega Feminina G2 e G4, que tamén terán nos 3 casos encontros mañán sábado e pasado mañán Domingo. Na 3ª da Costa haberá encontros mañánsábado e pasado mañán Domingo. No que se refire aos Veteranos da Costa as duas ligas xogan a xornada que lles corresponde e toda na mañán do Domingo.
Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
Climatoloxía
O tempo será similar tanto para hoxe venres 28 de Febreiro coma para mañán sábado 1 de Marzal e pasado mañán Domingo 2 de Marzal. Nordés, (NE), que irá gañando en intensidade desde este medio día e tendo a sua maior forza o sábado desde á 13 horas con 33 nós e refachos de ata 40, (antre 60-73 Kms/h), que na madrugada perderá forza para no medio día do Domingo caer a en trono aos 26 nós, (50 Kms/h). Tempo soleado e frío ca caida do sol e antes do medio día cando colle maior forza o astro rei. Pode haber nublados no norte pola habituais nubes de evolución que acumula no norte este vento a sua chegada desde o mar o tocar terra.
Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.
AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.
Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-24ª Xornada-
-02/03/2025-
(En vermello os que xogan en día diferente)
Club do Mar–SD San Lorenzo, ás 17:00 horas
SCDR Esteirana-CF Muxía, ás 17:00 horas
SR Calo-Bastavales UD, 06/03 ás 21:00 horas
Vista Alegre SD-SD Fisterra, ás 17:00 horas
SD Castriz-Vea CF, ás 18:00 horas
Bertamiráns FC-Vizoño SD, ás 17:00 horas
CF Dumbría-SD Tordoia, 01/03 ás 17:00 horas
Praiña Sporting Club-SD Agolada, ás 17:00 horas
UD Carral-Boimorto CF, ás 17:00 horas
LIGA DA COSTA
-17ª Xornada-
–28/02–01/03-02/03)-
Xallas FC 1-0 Outes FC, 28/02 ás 21:00 horas
CF Lira 0-2 CD Muros, 28/02 ás 20:00 horas
CF Mazaricos-Cabana SD, 01/03 ás 12:00 horas
Ponteceso SD-Corme CF, 02/03 ás 16:30 horas
CF Porteño-Camariñas FC, 02/03 ás 16:30 horas
UC Cee-SD Coristanco, 02/03 ás 18:00 horas
UD Monte Louro–UD Corcubión, 01/03 ás 17:15 horas
Soneira SD-UC Cee, 01/03 ás 12:00 horas
3ª DA COSTA
-17ª Xornada-
-02/03/2025-
CF Muxía B-CD Baiñas, ás 16:30 horas
UD Cerqueda-SD Camelle, ás 18:15 horas
SD Sofán B-Sporting Zas , ás 19:30 horas
SCD Malpica-Atlético Pereiriña FC, 01/03 ás 12:00 horas
Inter de Brens-Sporting Seaia CF, ás 16:00 horas
Volantes de Baño FC-CD Nantón, ás 19:00 horas
SD Laxe-SCD Buño, ás 16:30 horas
Descansa : SD Oza
2ª GALEGA FEMININA G1
-17ª Xornada-
-02/03/2025-
Xallas FC 1-0 Cultural Maniños
Brexo Lema-Orzán SD B, ás 10:00 horas
UD Carral–PM Friol B, ás 19:30 horas
UC Cee-Silva SD, ás 20:00 horas
Sporting Burgo-Orillamar SD, ás 19:30 horas
SCD Pastoriza–CF Dumbía, ás 19:00 horas
Sporting Meicende 0-1 SD Tordoia
CD Lugo B-UDJ Almeiras, ás 18:00 horas
3ª GALEGA FEMININA G2
-12ª Xornada-
(02/03/2025)
Cabana SD-UD Corcubión, ás 17:00 horas
UD Cerqueda-Soneira SD, ás 16:00 horas
EFCC Juan Cabrejo-Corme CF, ás 12:00 horas
CF Muxía-Sporting Zas, 01/03 ás 17:00 horas
SCD Pastoriza B-CF Mazaricos, ás 12:00 horas
Ponteceso SD-SD A Baña, 01/03 ás 18:30 horas
SD Fisterra 0-1 Bergantiños CF B, 28/03 ás 19:30 horas
3ª GALEGA FEMININA G4
-12ª Xornada-
-02/03/2025-
SD Chispa-Outes FC, ás 12:00 horas
EFMC Boiro B-Juventud Cambados, 01/03 ás 16:30 horas
CD Rois-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 18:00 horas
ED As Miúdas-Céltiga FC Féminas, 01/03 ás 12:30 horas
SCDR Esteirana 18-0 Catoira SD
CCD Taragoña 6-1 CD Mosteiro, 28/02 ás 21:00 horas
Milladoiro SD-Bastavales UD, ás 19:30 horas
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
-22ª Xornada-
-02/03/2025-
ACD San Ramón Vet.-CD Razo, ás 12:00 horas
SD Coristanco-CF Cances, ás 10:00 horas
Soneira Vet.-Cabana SD, ás 11:00 horas
Vet. CF Dumbría-ADCV Ponteceso, ás 10:00 horas
Corme CF-Atlético Carballo SD, ás 10:30 horas
Sporting Zas-ACD San Román Vet., ás 10:30 horas
SD San Lorenzo-CF Mazaricos, ás 10:00 horas
1ª GALICIA VETERANOS
-20ª Xornada-
-02/03/2025-
CV Leiloio-Soandres CF, ás 10:30 horas
CD Nantón-Deportivo Carballo, ás 10:30 horas
ADC A Piña-SD Oza, ás 11:00 horas
SD Sofán-SD Fisterra Vet., ás 11:00 horas
SD Castriz-SCD Buño, ás 10:30 horas
Sporting Bértoa-Vet. SCD Malpica, ás 10:00 horas
-Foto de arquivo texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”
P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.