Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos principais equipos deportivistas.
Esta fin de semana no fútbol afeccionado senior costeiro non haberá ningún encontro en xornada sabatina, queda todo para mañán Domingo 23 de Marzal. En sábado sí temos un encontro dos equipos deportivistas, é o do Deportivo ABANCA que recibe na mañán de hoxe o Costa adeje Tenerife na loita por evitar o descenso. Fabril e Depor xogan o Domingo.
Títulos en xogo nos veteranos
Destacar que este Domingo 23 de Marzal, tal como xa vos avanzamos nas crónicas, decidirase os campións das duas ligas de veteranos costeiras. Todo apunta que Atlético Carballo na División de Hobra e SD Castriz na 1ª Galicia serán os campións, salvo sorpresa. Na 1ª Galicia xógase a xornada suspendida o 26 de Xaneiro polo temporal “Hermida”, e será a derradeira xornada desta liga. Na División de Honra queda esa xornada suspendida e duas máis contando a deste Domingo.
Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
Climatoloxía
Ainda que non hai fútbol senior este sábado agás o encontro do Depor ABANCA, si hai fútbol base. O tempo para este sábado 22 de Marzal será frío trala virazón desta madrugada do vento do sudoeste, (SW), ao de noroeste, (NW), o que trouxo como acostuma nestes trocos de cadrante tan radicais dun extremo ao outro do compás, fortes ventos e forte chuvia. A intensidade de ambos irá remitindo a partires das 10:00 horas onde o vento irá canedo dos 36 nós, (70 Kms/h), aos 25 nós, (48 Kms/h), e acabará por ensinar o sol canto máis pasado o medio día, con intervalos de chuvascos e sol.
Para o Domingo 23 o frío seguirá presente o soprar o vento de nor-noroeste, (NNW), vento de antre 20-22 nós, (40 Kms/h), con chuvieiras e tramos de raiolas de sol nas primeiras horas e menos probables pola tarde
Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.
AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.
Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.
PRIMEIRA GALICIA G2
-27ª Xornada-
-23/03/2025-
Boimorto CF – SCDR Esteirana, ás 17:00 horas
Club do Mar – SR Calo, ás 17:00 horas
SD San Lorenzo – Vista Alegre SD, ás 16:30 horas
CF Muxía – SD Castriz, ás 17:00 horas
Bastavales UD – Bertamiráns FC, ás 17:00 horas
SD Fisterra – CF Dumbría, ás 16:30 horas
Vea CF – Praiña Sporting Club, ás 12:00 horas
Vizoño SD – UD Carral, ás 16:30 horas
SD Tordoia – SD Agolada, ás 16:00 horas
LIGA DA COSTA
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Camariñas FC – Corme CF, ás 16:30 horas
SD Coristanco – Cabana SD, ás 18:00 horas
UD Corcubión – CD Muros, ás 17:30 horas
CD Baio – Outes FC, ás 16:00 horas
Soneira SD – CF Lira, ás 17:00 horas
UD Monte Louro – CF Mazaricos, ás 17:30 horas
UC Cee – Ponteceso SD, ás 18:00 horas
CF Porteño – Xallas FC, ás 16:30 horas
3ª DA COSTA
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Sporting Seaia CF – Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas
SD Oza – Sporting Zas, ás 19:30 horas
CD Nantón – SD Camelle, ás 17:00 horas
SCD Buño – CD Baiñas, ás 17:00 horas
SD Laxe – UD Cerqueda, ás 17:00 horas
Volantes de Baño FC – SD Sofán B, ás 17:00 horas
Inter de Brens – CF Muxía B, ás 16:00 horas
Descansa : SCD Malpica
2ª GALEGA FEMININA G1
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Orillamar SD – Silva SD, ás 10:30 horas
CF Dumbía – PM Friol B, ás 12:00 horas
SD Tordoia – Orzán SD B, ás 12:00 horas
UDJ Almeiras – Cultural Maniños, ás 12:15 horas
CD Lugo B – Brexo Lema SD, ás 18:00 horas
Sporting Meicende – UD Carral, ás 19:00 horas
SCD Pastoriza – UC Cee, ás 17:00 horas
Sporting Burgo – Xallas FC, ás 19:30 horas
3ª GALEGA FEMININA G2
-19ª Xornada-
(23/03/2025)
Cabana SD – Sporting Zas, ás 12:00 horas
CF Mazaricos – Corme CF, ás 12:30 horas
SD A Baña – Soneira SD, ás 17:30 horas
Bergantiños FC B – UD Corcubión, ás 16:30 horas
SD Fisterra – UD Cerqueda, ás 19:00 horas
Ponteceso SD – EFCC “Juan Cabrejo”, ás 16:15 horas
SCD Pastoriza B – CF Muxía, ás 12:00 horas
3ª GALEGA FEMININA G4
-19ª Xornada-
-23/03/2025-
SD Chispa – Céltiga FC Féminas, ás 12:30 horas
Catoira SD – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 16:00 horas
CD Mosteiro – Juventud Cambados, ás 18:30 horas
Bastavales UD – Outes FC, ás 19:15 horas
Milladoiro SD – EFMC Boiro B, ás 19:00 horas
CCD Taragoña – CD Rois, ás 12:30 horas
SCDR Esteirana – ED As Miúdas, ás 17:00 horas
DIVISIÓN HONRA VETERANOS
-25ª Xornada-
-23/03/2025-
SD Coristanco – CF Mazaricos, ás 10:00 horas
ACD San Ramón Vet. – Soneira Vet., ás 12:00 horas
CD Razo – Vet. CF Dumbría, ás 10:30 horas
CF Cances – Corme CF, ás 10:30 horas
Cabana SD – Sporting Zas, ás 10:00 horas
ADCV Ponteceso – SD San Lorenzo, ás 10:00 horas
Atlético Carballo SD – ACD San Román, ás 10:00 horas
1ª GALICIA VETERANOS
-15ª Xornada-
(Derradeira)
-Xornada suspendida o 26 de Xaneiro-
-23/03/2025-
Vet. SCD Malpica – SD Oza, ás 10:30 horas
SD Fisterra Vet. – Deportivo Carballo, ás 10:00 horas
SCD Buño – Soandres CF, ás 10:00 horas
Sporting Bértoa – CV Leiloio, ás 10:00 horas
SD Castriz – CD Nantón, ás 10:30 horas
SD Sofán – ADC A Piña, ás 10:00 horas
P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
-Foto, texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”



