“AXENDA PIRATA” de todo o fútbol senior da costa : “Encontros venres, sábado e Domingo ca Romaría da Barca de telón de fondo”.

Fin de semana intensa para o fútbol costeiro no que volven a Liga da Costa, 3ª da Costa e 1ª Galega Feminina, así como a segunda xornada para os equipos da Preferente Norte e Primeira Futgal G2, todo esto combinado coa Romaría da Barca que comeza este venres.

Esto fai que os equipos senior masculino e feminino adianten o seu encontro a mañán venres 11 de setembro. Ámbolos dous conxuntos teñen derbi co Xallas FC e xogarán na Fontenla un despois do outro comezando polas rapazas, co debut na categoría das xalleiras por primeira vez na sua historia, e de seguido xogarán os rapaces, nunha fin de semana que ten encontros venres, sábado e Domingo en horarios moi dispares para que os rapaces e rapazas poidan difrutar da Romaría e do fútbol.

Tes toda a información de enfrontamentos, datas e horarios na nosa AXENDA PIRATA, se ves algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

.

PREFERENTE NORTE

(Preferente Futgal G1)

-Xornada 2-

13/09/2026

CF Noia-SD Sofán, ás 18:00

AD Miño-CF Dumbría, ás 19:00

.

PRIMEIRA FUTGAL G2

-Xornada 1-

11/09/2026

Xallas FC-CF Muxía, ás 20:30

13/09/2026

SD San Lorenzo-CCD Queixas, ás 17:00

SD Castriz-SR Calo, ás 19:00

.

LIGA DA COSTA

(Segunda Futgal “A Costa”)

-Xornada 1-

13/09/2026

Ponteceso SD-Outes CF, ás 18:00

UD Corcubión-SD Fisterra, ás 18:00

Cabana SD-UC Cee, ás 18:00

CF Porteño-CD Baio, ás 17:00

SD Sofán “B”-Corme CF, ás 17:00

SCDR Esteirana-Camariñas FC, ás 18:00

Soneira SD-SD Coristanco, ás 19:00

SD Oza-SCD Malpica, ás 19:30

.

3ª DA COSTA

(Terceira Futgal “A Costa”)

-Xornada 1-

Venres 11/09/2026

Inter de Brens-UD Cerqueda, ás 21:15

Sábado 12/09/2026

SD Camelle-CD Baíñas, ás 17:30

Domingo 13/09/2026

Volantes de Baño FC-UD Monte Louro, ás 18:30

Sporting Seaia CF-CD Razo, ás 16:30

CF Lira-CD Muros, ás 18:00

SCD Buño-Bergantiños CF “B”, ás 18:00

CF Mazaricos-CD Nantón, ás 18:30

Sporting Zas-SD Laxe, ás 18:45

.

1ª División Galega Feminina G 1

-Xornada 1-

Venres 11/09/2026

Xallas FC-CF Muxía, ás 18:00

Sábado 12/09/2026

SCD Milagrosa-Victoria FC “B”, ás 18:00

Domingo 13/09/2026

UD Carral-Orzán SD “B”, ás 17:30

Bergantiños CF “B”-SCD Pastoriza, ás 10:00

SD Tordoia-Sporting Cambre, ás 12:00

.

Unha fin de semana moi especial

O fútbol costeiro terá, que compartir protagonismo cunha das grandes citas do calendario festivo e relixioso de Galicia, declarada no 1999 de Interese Turistico Nacional e as portas de selo de Interese Internacional polo que atrae e representa. A Barca é “A Barca”, e iso nótase tamén nos campos: moitos futbolistas e afeccionados participan directamente na Romaría, e aproveitan estes días para achegarse a Muxía.

A circunstancia resulta especialmente curiosa no caso do Xallas-Muxía feminino, xa que ambos os dous equipos serán protagonistas dun dos primeiros partidos da competición e terán que facelo nunha fin de semana na que Muxía estará completamente inmersa na súa festa grande.

A Romaría celebrarase  do 11 ó 14 de setembro, co Domingo 13 como día grande, polo que os clubs terán que facer encaixes para combinar fútbol e Barca.

Despois dun primeiro aperitivo a semana pasada coa Preferente e a Primeira Futgal, a pelota bota a rodar noutras 3 ligas con equipos da Costa que como decíamos na entrada comezan a súa andaina e cunha fin de semana na que, seguramente, haberá máis dun futbolista, (tanto destas ligas como de outras) que teña que escoller entre as botas e a romaría…ou intentar que o corpo lle de para todo, (como acostuma a pasar).

–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–