“AXENDA PIRATA” DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR MASCULINO, FEMININO E VETERANOS.

Tralo parón da pasada semana polo temporal “Herminia”, aquí tes coma cada semana a AXENDA PIRATA con todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos 3 principais equipos deportivistas.

Destacar que esta semana que tan dous hai un encontros en sábado e será o do Sporting Zas Feminino no San Andres, (Zas), ante o SCD Pastoriza B, da 3ª Galega Feminina G2, w o outro é o do Deportivo ABANCA. No que se refire o resto das  8 ligas que vos damos información, así coma os do Fabril e Depor, son en Domingo.

Climatoloxía

O sábado 01 de Febreiro teremos calma con ventos antre os 3 e ós 11 nós, (antre 5 e 20 Kms/h), cunha lixeira brisa do sudoeste, (SW), con nubrados máis persistentes no interior con saraiba, (auga de borraxo). A temperatura agradable para esta época do ano.

Na madrugada do Domingo 02 de Febreiro o vento rolará de sudoeste, (SW), a noroeste, (NW). Estas virazóns completas de cadrante veñen acompañadas no troco de vento con forte chuvia e caida das temperaturas o tratarse du vento do norte. Pola mañán cedo xa será os chubascos menos probables e se cabe máis canto máis o norte e os ventos continuarán do noroeste, (NW), de en torno aos 27 nós con refachos de 29, (en torno aos 60 KMs/h), e saindo o sol. Pola tarde caerá a intensidade do vento e rolará a norte, (N), ca mesma tónica de día solleiro con intervalos nubrados.

Para os que non son moi duchos nesto do tempo sempre que chove ne noroeste, (NW), non o fai seguido, o normal cos ventos desta dirección e os do oeste, (W), son eses días que de repente pode caer un forte chubasco e aos poucos estar dando o sol, todo o contrario con cando chove de sudoeste, (SW), que pode poñer todo o día, ou as veces de norte, (N) cando lle da por pechar de augas, (dí un refrán mariñeiro que : “o norte o chover é coma o borracho o beber…cando máis bebe máis quer”). Decían os nosos antergos e síguese dicindo que “se queres mentir fala do tempo”, debido a que nesta época hai máis posibilidades que troque o que se vaticina polo movemento das borrascas no Atlántico ca se é antre Maio e Setembro.

AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.

Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.

 

 

PRIMEIRA FUTGAL G2 

-20ª Xornada-

-02/02/2025-

CF MuxíaBastavales UD, ás 16:15 horas

SD San Lorenzo-SD Fisterra, ás 16:15 horas

Club do Mar-Vea CF, ás 12:00 horas

SCDR Esteirana-Vizoño SD, ás 17:00 horas

SR Calo-SD Tordoia, ás 16:15 horas

Vista Alegre SD-SD Agolada, ás 18:00 horas

SD Castriz-UD Carral, ás 17:00 horas

Bertamiráns FC-Praiña Sporting Club, ás 17:00 horas

CF Dumbría-Boimorto CF, ás 17:00 horas

 

LIGA DA COSTA

-18ª Xornada-

-02/02/2025-

CD MurosOutes FC, ás 16:30 horas

Cabana SD-CF Lira, ás 16:30 horas

Corme CF-CF Mazaricos, ás 16:00 horas

Camariñas FC-Ponteceso SD, ás 16:30 horas

SD Coristanco-CF Porteño, ás 17:00 horas

UD Corcubión-UC Cee, ás 16:30 horas

CD Baio-UD Monte Louro, ás 16:30 horas

Soneira SD-Xallas FC, ás 17:00 horas

 

3ª DA COSTA

-20ª Xornada-

-02/02/2025-

SD CamelleCD Baiñas, ás 16:30 horas

  Sporting Zas-UD Cerqueda, ás 16:45 horas

 Atlético Pereiriña FC-SD Sofán B, ás 17:00 horas

Sporting Seaia CF-SCD Malpica, ás 16:30 horas

SD Oza-Inter de Brens, ás 17:00 horas

SCD Buño-Volantes de Baño FC, ás 17:00 horas

SD Laxe-CF Muxía B, ás 17:30 horas

Descansa : CD Nantón

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-18ª Xornada-

-02/02/2025-

Orzán SD BCultural Maniños, ás 18:00 horas 

 PM Friol B-Brexo Lema, ás 17:00 horas 

Silva SD-UD Carral, ás 18:15 horas 

 Orillamar SD-UC Cee, ás 12:15 horas

CF Dumbía-Sporting Burgo, ás 12:00 horas 

 SD Tordoia-SCD Pastoriza, ás 12:15 horas 

 UDJ Almeiras-Sporting Meicende, ás 12:00 horas 

CD Lugo B-Xallas FC, ás 18:00 horas 

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-13ª Xornada-

(02/02/2025)

UD Corcubión-UD Cerqueda, ás 12:30 horas

Soneira SD-EFCC Juan Cabrejo, ás 12:00 horas

Corme CF-CF Muxía, ás 18:15 horas

Sporting Zas 2-2 SCD Pastoriza B, CRÓNICA

CF Mazaricos-Ponteceso SD, ás 11:45 horas

SD A Baña-SD Fisterra, ás 17:30 horas

Bergantiños CF B-Cabana SD, ás 16:15 horas

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-13ª Xornada-

-02/02/2025-

Outes FC-EFMC Boiro B, ás 17:00 horas

Juventud Cambados-CD Rois, ás 17:00 horas

EFF Sonnoia Portus Apóstoli-ED As Miúdas, ás 12:00 horas

Céltiga FC-SCDR Esteirana, ás 12:15 horas

Catoira SD-CCD Taragoña, ás 12:30 horas

CD Mosteiro-Milladoiro SD, ás 19:15 horas

Bastavales UD-SD Chispa, ás 18:45 horas

 

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

-18ª Xornada-

-02/02/2025-

CF CancesCabana SD, ás 10:00 horas

CD Razo-ADCV Ponteceso, ás 10:00 horas

ACD San Ramón-Atlético Carballo SD, ás 12:00 horas

SD Coristanco-ACD San RománVeteranos, ás 10:00 horas

SD San Lorenzo-Soneira Veteranos, ás 12:00 horas

Veteranos CF Dumbría-Sporting Zas, ás 10:00 horas

Corme CF-CF Mazaricos, ás 09:30 horas

 

1ª GALICIA DE VETERANOS

-16ª Xornada-

-02/02/2025-

Deportivo CarballoSD Oza, ás 10:00 horas

Soandres CF-SD Fisterra Veteranos, ás 09:30 horas

 CV Leiloio-SCD Buño, ás 10:30 horas

CD Nantón-Sporting Bértoa, ás 10:30 horas

ADC A Piña-SD Castriz, ás 10:30 horas

SD Sofán-Veteranos SCD Malpica, ás 10:00 horas

 

P.D. : Se vedes algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

 

-Foto de arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies