“AXENDA PIRATA” DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR MASCULINO E FEMININO E FINAL DA COPA DA COSTA DE VETERANOS E FASE FINAL DE F8 BASE..

Fin de semana na que moitas ligas xa colgan as botas e na que algúns equipos, (os que non quedaron fora o primeiro de Maio), xa pensarán na copa ou nos Play-Off. Hai un encontro hoxe na Liga da Costa, outro mañán nesta liga e un na 3ª da Costa e logo o resto o Domingo, e os que se xogan algo tódos o medio dia dominical.

Rematan esta semana a 1ª Galicia Futgal G2, na que o Dumbría xa é campión desde a pasada semana e os equipos costeiros xa están salvados agás o San Lorenzo que descende tras unha primeira volta nefasta. A loita está por saber o segundo, si Carral ou si Club do Mar ambos empatados a puntos e os dous en promoción. Por abaixo xóagase unha praza de descenso antre o Agolada, (marca o descenso, con 33 puntos), Vea, (35), e Bastabales, (35).

Derradeira xornada na Liga da Costa co Camariñas campión fai duas semanas, a loita está en saber quen promocionará co Baio, (59 puntos), e o Soneira, (57´), nos dous postos de promoción e co Xallas as portas cos mesmos puntos co Soneira e a 2 do Baio. O que falle pagarao caro. Por abaixo Coristanco, 829 puntos), Muros, (29) e Mazaricos, (30), buscarán evitar a praza de posible arrastre.

Na 3º da Costa tamén se xoga a derradeira xornada e nela hai en xogo o título de liga co Sporting Zas primeiro con 68 puntos e o Sofán B segundo cos mesmos xa que o golaveraxe téñeno o seu favor os zacenses.

Na 2ª Galega Feminina G1 tamén xogan a derradeira xornada de liga na que o Xallas precisa un punto para alzarse cun histórico título de liga pro primeira vez para elas e por primeira vez para o Fútbol da Costa.O Dumbría e o Cee tratarán despedir da mellor maneira a liga, (xa salvados) e pensar na Copa.

Na 3ª Galega Feminina G2 o Corme fáltalle 1 punto para ser campionas por primeira vez na sua historia. As cormelanas xogarán a vindeira tempada na 2º Galega. Nesta liga ao igual ca na 3ª Galega Feminina Grupo 4 no que están Esteirana, Outes e Miúdas, xógase a antepenúltima xornada.

Nos Veteranos da Costa temos a Gran Final da “Copa da Costa de Veteranos”, na que están en liza o Atlético Carballo e San Ramón. Tes toda a información máis abaixo así como un enlace redireccional para ver a nosa previa.

Hoxe incluimos a fase final da “Copa da Costa de Fútbol 8 Base”, que se xoga este sábado en Camariñas ao completo no “Vicente Carril” que xuntará a centos de xogadores/as e de afeccionados/as para presenciar o día da festa do fútbol base. Tamén tes o enlace redireccional máis abaixo para ver a nosa previa.

Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

Climatoloxía

O sábado 10 de Maio ventos variables pero de escasa ou nula intensidade, comenzando con nordes, (NE), de arredor dos 12 nós, (10 Kmsh), e indo rotando paulatinamente durante todo o día ata acabar en noroeste, (NO). Pode haber algunha chuvieira en torno as primeira horas da mañán e ata o medio día para logo abrirse claros. O Domingo o vento predominante será o oeste, (O); o que os mariñeiros chamamos “travesia” por vir atravesado, vir do mar. Pouca intensidade e disminuindo co paso das horas e claro a partires das 7-9 da mañán, con algun intre de neboeiros e de novo claro nas horas da tarde-noite.

Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.

 

PRIMEIRA FUTGAL

-34ª Xornada-

-11/05/2025-

Bertamiráns FC – SD Castriz, ás 12:00 horas

CF Dumbría – Vista Alegre SD, ás 17:00 horas

Praiña Sporting Club – SR Calo, ás 12:00 horas

UD Carral – SCDR Esteirana, ás 12:00 horas

SD Agolada – Club do Mar, ás 12:00 horas

SD TordoiaSD San Lorenzo, ás 18:30 horas

Vizoño SD – CF Muxía, ás 12:00 horas

Vea CF – Bastavales UD, ás 12:00 horas

Boimorto FC – SD Fisterra, ás 12:00 horas

 

LIGA DA COSTA

-30ª Xornada-

-11/05/2025-

CD Baio – UD Corcubión, ás 12:30 horas

Soneira SD – SD Coristanco, ás 12:30 horas

UD Monte Louro – Camariñas FC, 10/05 ás 17:00 horas

UC Cee – Corme CF, 09/05 ás 20:00 horas

 CF Porteño – Cabana SD, ás 12:00 horas

Ponteceso SD – CD Muros, ás 12:30 horas

CF Mazaricos – Outes FC, ás 12:30 horas

Xallas FC – CF Lira, ás 12:30 horas

 

3ª DA COSTA

-30ª Xornada-

-11/05/2025-

SCD Buño – CD Nantón, ás 19:00 horas

SD Laxe – SD Oza, ás 19:00 horas

Volantes de Baño FC – Sporting Seaia CF, ás 17:00 horas

Inter de Brens – Sporting Zas, ás 12:00 horas

SCD Malpica – SD Camelle, ás 17:00 horas

SD Sofán B – CD Baiñas, ás 12:00 horas

CF Muxía B – UD Cerqueda, 10/05 ás 18:30 horas

Descansa : Atlético Pereiriña FC

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-30ª Xornada-

-11/05/2025-

UDJ Almeiras – SD Tordoia, ás 12:00 horas 

CD Lugo B – CF Dumbía, ás 16:00 horas 

Sporting Meicende – Orillamar SD, ás 19:00 horas

SCD Pastoriza – Silva SD, ás 19:00 horas 

Sporting Burgo – PM Friol B – , ás 19:30 horas 

UC Cee – Orzán SD B, ás 19:00 horas 

UD Carral – Cultural Maniños SD, ás 19:00 horas 

Xallas FC – Brexo Lema SD, ás 19:00 horas 

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-24ª Xornada-

(11/04/2025)

UD Corcubión – Soneira SD, ás 18:00 horas

UD Cerqueda – Corme CF, ás 16:00 horas

EFCC “Juan Cabrejo” – Sporting Zas, ás 19:30 horas

CF Muxía – CF Mazaricos, ás 12:00 horas

SCD Pastoriza B – SD A Baña, ás 16:30 horas

Ponteceso SD – Bergantiños FC B, ás 16.30 horas

SD Fisterra – Cabana SD, ás 19:15 horas

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-24ª Xornada-

-11/05/2025-

Outes FC – Juventud Cambados, ás 17:00 horas

EFMC Boiro B – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 10:00 horas

CD Rois – Céltiga FCF, ás 18:00 horas

ED As Miúdas – Catoira SD, ás 11:00 horas

SCDR Esteirana – CD Mosteiro, ás 19:00 horas

CCD Taragoña – Bastavales UD, ás 12:00 horas

 Milladoiro SD – SD Chispa, ás 17:00 horas

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER A PREVIA

 

PREME NA IMAXE PARA VER A PREVIA

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies