Aquí tedes o que temos no fútbol costeiro nesta fin de semana que desta volta xa se xogou onte un encontro na Copa da Costa Cadete, o que enfrontaba ao SCDR Esteirana e o Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”, e que tralo 3-3 do tempo de xogo tivo que derimirse nos penaltis pasando a Esteirana tras lanzarse 14 penaltis, (7-6). Tamén hai encontros hoxe venres nas copas de base e sigue a actividade tanto na base coma nos senior de homes e mulleres mañán sábado e pasado mañán Domingo, coa LX Copa da Costa senior masculina e a derradeira xornada de liga na 3ª Galega Feminina grupos 3 e 4, cun posto de ascenso costeiro en xogo, ou Muxía ou Esteirana poderían subir a 2ª Galega. Outro punto de atención está na ida da final do Play-off de ascenso a Liga da Costa. No ascenso a 3ª RFEF o SD Sofán buscará o pase ante o Beluso co que empatou na ida no Carral por 0-0.
Segundo acaben os encontros de hoxe a Domingo, iremos actualizando os resultados aquí mesmo.
Nas frases remarcadas en azul, premendo, tedes enlaces diretos as diferentes previas.
Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
Climatoloxía
Hoxe néboas por zonas con posibilidades de treboadas que poden ata descargar en algunha zona pedrascos, na costa máis probabilidades de ver o sol. Mañán sábado predominará o vento de dirección nordés, (NE), con intres de norte, (N), pero en ambos casos calma. Comezará o día anubrado para irse abrindo claros en torno ás 8-9 da mañán para pola tarde voltar a anubrase. O Domingo a retórica do vento será como a do sábado e igualmente con calma, (ou sexa un brisote). En torno ás 13:00 horas quedará unha tarde solleira. Máis probabilidades tanto sábado coma Domiungo de que canto máis o norte predominen os anubrados debido a dirección do vento e as nubes de evolución.
Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.
FASE DE ASCENSO A 3ª RFEF
(Volta 1ª eliminatoria)
CD Beluso-SD Sofán
Día : 01/06/2025
Hora : 18:00
Campo : As Laxes, (Beluso)
Árbitro principal : Sergio Arreondas
Árbitros asistentes : Jorge Cáceres e Alejandro Seijas
Resultado ida : 0-0
3ª GALEGA FEMININA G2
-26ª Xornada-
-Derradeira-
(01/06/2025)
UD Cerqueda – UD Corcubión, ás 12:00 horas
EFCC “Juan Cabrejo” – Soneira SD, ás 17:00 horas
CF Muxía – Corme CF, ás 12:00 horas
SCD Pastoriza B 5-1 Sporting Zas
Ponteceso SD – CF Mazaricos, ás 12:00 horas
SD Fisterra – SD A Baña, ás 17:00 horas
Cabana SD – Bergantiños FC B, ás 12:00 horas
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”





