“AXENDA PIRATA” DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR MASCULINO E FEMININO CON MOITO EN XOGO.

Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos principais equipos deportivistas. 

Esta fin de semana do 12-13 de Abril do 2025, no fútbol afeccionado senior costeiro cocíñanse cousas importantes.

Na Liga da Costa o Camariñas, que xogará na mañán do Domingo se vence o Corcubión proclamarase campión de liga e novo equipo da Primeira Futgal, e a loita polo posto de proemoción está que arde sen que ningún dos equipos implicados poida errar a falla de 4 xornadas para o final da liga, (contando esta).

Na Primeira Futgal G2 temos dous derbis costeiros co Castriz-Esteirana e o Dumbría-San Lorenzo e na 3ª da Costa está todo aberto con 3 equipos loitando polo título en 3-4 puntos co lider Zas e coa loita aberta pola promoción.

No fútbol feminino co Xallas xa ascendido a 1ª Galega Feminina  a falla de 4 xornadas para o fianl, a loita sigue antre as xalleiras e o Pastoriza polo título de liga e na 3º Galega Feminina G2 o Corme podería ser campión esta semana se o Muxía non gaña, e a falla de 4 xornadas para o final, (máis esta).

Nos Veteranos da Costa comeza a Copa da Costa cos Dazaseisavos e xógase no “Xabiña” de Buño a Final do Play-Off de ascenso a División de Honra que disputarán o Buño e o Malpica este vindeiro Domingo.

Polo tanto temos moitos en xogo nesta fin de semana de “Domingo de Ramos”, na que se xogarán tódolos encontros agás o Muros-Monte Louro da Liga da Costa e o Oza-San Ramón da Copa da Costa de Veteranos que se xogarán o sábado. 

Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

Climatoloxía

O sábado 12 de Abril e o “Domingo de ramos”, 13 de Abril o vento estará en calma en torno aos 7-8 nós, (6-7 Kms/h). O sábado comezará sendo do compoñente sudoeste, (SW) e irá virando duarnte o día pola cadrante oeste, (W), para acabar sendo de norte, (N). Día antre nubrado e e con periodos de auga de borraxo. O Domingo o vento que como decimos será practicamente calmo andará todo o día pola cadrante norte, (N), con intres norteiras e intres picando do nordés, (NE). Pola mañán nubrado con posibilidades de abrirse algún claro pola tarde. A temperatura pola mañán fresca con en torno aos 13 graos e pola tarde con subidas de antre os 4 e os 6 graos segundo si as zonas están máis abertas ao norte e nos intres que poida aparecer o sol.

Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.

 

 

 

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-30ª Xornada-

-13/04/2025-

Vista Alegre SD – SR Calo, ás 17:00 horas

SD Castriz – SCDR Esteirana, ás 17:00 horas

Bertamiráns FC – Club do Mar, ás 17:00 horas

CF Dumbría – SD San Lorenzo, ás 17:00 horas

Praiña Sporting Club – CF Muxía, ás 17:00 horas

UD Carral  Bastavales UD, ás 17:30 horas

SD Agolada – SD Fisterra, ás 12:30 horas

SD Tordoia – Vea CF, ás 17:00 horas

 Vizoño SD – Boimorto CF, ás 17:30 horas

 

LIGA DA COSTA

-27ª Xornada-

-13/04/2025-

Xallas FC – SD Coristanco, ás 17:00 horas

Camariñas FC – UD Corcubión, ás 12:30 horas

Corme CF – CD Baio, ás 17:00 horas

Cabana SD – Soneira SD, ás 17:00 horas

CD Muros 2-1 UD Monte Louro

Outes FC – UC Cee, ás 16:00 horas

CF Lira – CF Porteño, ás 18:00 horas

CF Mazaricos – Ponteceso SD, ás 12:00 horas

 

3ª DA COSTA

-27ª Xornada-

-13/04/2025-

CF Muxía B – SD Oza, ás 12:00 horas

Sporting Seaia CF – CD Nantón, ás 16:15 horas

Atlético Pereiriña FC – SCD Buño, ás 17:00 horas

Sporting Zas – SD Laxe, ás 18:00 horas

SD Camelle – Volantes de Baño FC, ás 17:00 horas

UD Cerqueda – Inter de Brens, ás 18:15 horas

SD Sofán B – SCD Malpica, ás 19:30 horas

Descansa : CD Baiñas

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-27ª Xornada-

-13/04/2025-

Xallas FC – CF Dumbía, ás 12:15 horas 

Orillamar SD – SD Tordoia, ás 12:30 horas 

Silva SD – UDJ Almeiras, ás 16:00 horas

PM Friol BCD Lugo B, ás 16:30 horas 

Orzán SD B – Sporting Meicende, ás 16:00 horas 

Cultural Maniños – SCD Pastoriza, ás 19:15 horas 

Brexo Lema SD – Sporting Burgo, ás 12:00 horas 

UD Carral – UC Cee, ás 12:00 horas 

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-22ª Xornada-

(13/04/2025)

Soneira SD – Corme CF, ás 17:00 horas

UD Corcubión – Sporting Zas, ás 17:00 horas

UD Cerqueda – CF Mazaricos, ás 16:00 horas

EFCC “Juan Cabrejo” – SD A Baña, ás 18:00 horas

CF Muxía – Bergantiños FC B, ás 17:30 horas

SCD Pastoriza B – SD Fisterra, ás 19:00 horas

Ponteceso SD – Cabana SD, ás 16:30 horas

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-22ª Xornada-

-13/04/2025-

Juventud Cambados – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 19:45 horas

Outes FCCéltiga FCF, ás 18:15 horas

EFMC Boiro B – Catoira SD, ás 12:00 horas

CD Rois – CD Mosteiro, ás 18:45 horas

ED As Miúdas – Bastavales UD, ás 18:00 horas

SCDR Esteirana – Milladoiro SD, ás 17:00 horas

CCD Taragoña – SD Chispa, ás 12:30 horas

 

COPA DA COSTA VETERANOS

-Dazaseisavos

-13/04/2025-

SD Oza 2-10 ACD San Ramón

CF Mazaricos – CD Nantón, ás 11:30 horas

Soandres CF- Vet. CF Dumbría, ás 10:00 horas

CV Leiloio – Corme CF, ás 10:30 horas

SD Sofán – A Piña, ás 09:30 horas

CD Razo – Sporting Zas, ás 11:00 horas

Cabana SD – SD Fisterra Vet., ás 10:00 horas

Sporting Bértoa – Soneira Vet., ás 12:00 horas

ACD San Román – SD Castriz, ás 11:00 horas

 

PLAY-OFF ASCENSO A

DIVISIÓN DE HONRA

(Final)

Domingo 13/04/2025

SCD Buño – Vet. SCD Malpica, ás 12:30 horas

Campo : “Xabiña”

 

-Texto e foto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies