Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos 3 principais equipos deportivistas.
Esta semana temos 3 encontros en sábado o que enfrontará no “San Paio de Refoxos”, ao UC Cee e ao CD Baio e no Pino do Val o Mazaricos e o lider Camariñas, da Liga da Costa, e o que enfrontará o CF Muxía B e ao SD Camelle da 3ª da Costa, o resto no que se refire as 8 ligas de fútbol afeccionado das que vos damos información, así coma os do Fabril e Depor, son en Domingo. O equipo feminino do RC Deportivo xoga o sábado en Zubieta, poboación na que se atopa a cidade deportiva da Real Sociedad.
Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
Climatoloxía
O sábado 08 de Febreiro teremos pola mañán ventos de predominio sudoeste, (SW), que a partires das 16:00 horas irán aumentando en forza con posiblidades de algunha orballeiro con maior posiblilidades na zona sur , tomando sempre como referenza Cabo Touriñán. Contra tarde-noite os ventos xa serán de en torno aos 26 nós, (50 Kms/h), con refachos de 30.
Na madrugada do Domingo 9 de febreiro estes ventos irán aminorando ata quedarse calma en torno as 9 da mañán. Probabiloidades de chuvieras de pouca intensidade que collerán maior forza, canto máis o sur, antre ás 13:00 e as 17:00 horas, pero como decimos sen vento, polo que poderá ser o que chamamos “auga de borraxo”, nos sitios máis abrogados deste vento. As temperaturas máis frias o sábado pero que se iran suavizando o tratarse de ventos do cadrante sur, (S).
AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.
Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-21ª Xornada-
-09/01/2025-
Boimorto CF 7-1 CF Muxía, ás 16:30 horas
Bastavales UD 1-0 SD San Lorenzo, ás 17:00 horas
SD Fisterra 1-1 Club do Mar, ás 17:00 horas
Vea CF 4-2 SCDR Esteirana, ás 12:00 horas
Vizoño SD 1-2 SR Calo, ás 16:30 horas
SD Tordoia 3-0 Vista Alegre SD, ás 17:00 horas
SD Agolada 1-3 SD Castriz, ás 17:00 horas
UD Carral 2-1 Bertamiráns FC, ás 16:30 horas
Praiña Sporting Club 3-2 CF Dumbría, ás 17:00 horas
LIGA DA COSTA
-19ª Xornada-
-09/02/2025-
Xallas FC-CD Muros, ás 17:30 horas
Outes FC 5-4 Cabana SD, ás 16:00 horas
CF Lira 0-2 Corme CF, ás 17:00 horas
CF Mazaricos 2-3 Camariñas FC, 08/09 ás 17:00 horas
Ponteceso SD 2-1 SD Coristanco, ás 16:30 horas
CF Porteño 3-2 UD Corcubión, ás 16:30 horas
UC Cee 1-6 CD Baio, 08/09 ás 17:00 horas
UD Monte Louro 0-1 Soneira SD, ás 16:30 horas
3ª DA COSTA
-19ª Xornada-
-08/02/2025-
CF Muxía B 3-2 SD Camelle, 08/02 ás 16:30 horas
CD Baiñas 2-4 Sporting Zas, ás 16:00 horas
UD Cerqueda-Atlético Pereiriña FC, ás 18:15 horas
SD Sofán B–Sporting Seaia CF, ás 19:00 horas
SCD Malpica 1-2 SD Oza, ás 16:30 horas
Inter de Brens 0-0 CD Nantón, ás 18:00 horas
Volantes de Baño FC 3-0 SD Laxe, ás 16:30 horas
Descansa : SCD Buño
2ª GALEGA FEMININA G1
-19ª Xornada-
-09/02/2025-
Xallas FC 2-1 Orzán SD B, ás 12:15 horas
Cultural Maniños 1-0 PM Friol B, ás 12:15 horas
Brexo Lema 0-1 Silva SD, ás 16:30 horas
UD Carral–Orillamar SD, ás 20:00 horas
UC Cee 3-4 CF Dumbía, ás 16:00 horas
Sporting Burgo 3-2 SD Tordoia, ás 19:00 horas
SCD Pastoriza 0-1 UDJ Almeiras, ás 17:00 horas
Sporting Meicende-CD Lugo B, ás 19:00 horas
3ª GALEGA FEMININA G2
-14ª Xornada-
(09/02/2025)
SD A Baña 1-3 Bergantiños CF B, ás 17:30 horas
CF Mazaricos 6-0 SD Fisterra, ás 17:00 horas
Sporting Zas 0-4 Ponteceso SD, ás 12:15 horas
Corme CF 9-1 SCD Pastoriza B, ás 16:30 horas
Soneira SD 0-3 CF Muxía, ás 18:30 horas
UD Corcubión 4-1 EFCC Juan Cabrejo, ás 16:30 horas
UD Cerqueda 0-1 Cabana SD, ás 16:00 horas
3ª GALEGA FEMININA G4
-14ª Xornada-
-09/02/2025-
CD Mosteiro 4-2 Bastavales UD, ás 18:30 horas
Catoira SD 0-2 Milladoiro SD, ás 16:30 horas
Céltiga FC 1-1 CCD Taragoña, ás 12:00 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli-SCDR Esteirana, ás 18:30 horas
Juventud Cambados 1-1 ED As Miúdas, ás 18:30 horas
Outes FC 2-3 CD Rois, ás 18:00 horas
EFMC Boiro B 3-3 SD Chispa, ás 12:00 horas
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
-17ª Xornada-
-26/01/2025-
CF Mazaricos 1-4 CF Cances, ás 11:15 horas
Cabana SD 2-2 CD Razo, ás 10:00 horas
ADCV Ponteceso 0-2 ACD San Ramón, ás 11:00 horas
Atlético Carballo SD 4-3 SD Coristanco, ás 10:00 horas
ACD San RománVeteranos 3-0 Soneira Veteranos, ás 10:00 horas
SD San Lorenzo 0-1 Veteranos CF Dumbría, ás 10:00 horas
Sporting Zas 6-1 Corme CF, ás 10:00 horas
1ª GALICIA DE VETERANOS
-17ª Xornada-
-09/02/2025-
Veteranos SCD Malpica 5-1 Deportivo Carballo, ás 10:30 horas
SD Oza 3-1 Soandres CF, ás 12:00 horas
SD Fisterra Veteranos 2-4 CV Leiloio, ás 09:45 horas
SCD Buño 4-1 CD Nantón, ás 10:00 horas
Sporting Bértoa 1-3 ADC A Piña, ás 12:00 horas
SD Castriz 1-1 SD Sofán, ás 10:30 horas
P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
-Foto de arquivo e Texto : Xosé Búa “Pirata”