“AXENDA PIRATA” DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR FEMININO E MASCULINO PARA ESTE 16-17 MARZAL 2025.

Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos principais equipos deportivistas. 

Esta fin de semana no fútbol afeccionado senior costeiro non haberá ningún encontro en xornada sabatina, queda todo para mañán Domingo 16 de Marzal. En sábado sí temos un encontro dos equipos deportivistas, é o do Deportivo ABANCA que visita o “Alfredo Di Estéfano” na mañán de hoxe, logo o Fabril xogará mañán Domingo e o Depor o luns en Castellón.

Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

Climatoloxía

Teremos dous días similares hoxe sábado 15 de Marzal e mañán Domingo. Ainda que hoxe non hai fútbol senior na costa, sí hai de base e terán un día solleiro, frío pola mañán e con mellor temeratura segundo nos vaiamos achegando ao medio día e horas centrais para enfrian de repente a caida do sol. Pola tade un pouco de vento do nordés, (NE), que irá en aumento dende ás 13:00 horas, superando os 25 nós, (48 Kms/h), a partires das 19:00 horas, reducindo a sua velocidade na madrugada para quedarse calma na mañán do Domingo e aumentar de novo en forza a partires das 19:00 horas pero picando máis de leste, (E). Estes ventos son culpables de que as temperaturas sexan máis frías nas zonas en que afecte e maiormente nas primeiras horas da madrugada e o día e nas finais. Canto máis o norte poden formarse as típicas nubes de evolución.

Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores. 

AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.

Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.

 

 

PRIMEIRA GALICIA G2

-26ª Xornada-

-16/03/2025-

SCDR EsteiranaClub do Mar, ás 17:00 horas

SR Calo-SD San Lorenzo, ás 17:00 horas

Vista Alegre SD-CF Muxía, ás 21:00 horas

SD Castriz-Bastavales UD, ás 17:00 horas

Bertamiráns FC-SD Fisterra, ás 17:00 horas

CF Dumbría-Vea CF, ás 17:00 horas

Praiña Sporting Club-Vizoño SD, ás 17:30 horas

UD Carral-SD Tordoia, ás 17:00 horas

SD Agolada-Boimorto CF, ás 17:00 horas

 

LIGA DA COSTA

-23ª Xornada-

-16/03/2025-

Xallas FC-Corme CF, ás 16:30 horas

Cabana SD-Camariñas FC, ás 16:30 horas

CD Muros-SD Coristanco, ás 16:30 horas

Outes FC-UD Corcubión, ás 16:00 horas

CF Lira-CD Baio, ás 17:00 horas

CF Mazaricos-Soneira SD, ás 17:00 horas

Ponteceso SD-UD Monte Louro, ás 16:30 horas

CF Porteño-UC Cee, ás 16:30 horas

 

3ª DA COSTA

-23ª Xornada-

-16/03/2025-

CF Muxía B – Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas

  Sporting Zas – Sporting Seaia CF, ás 17:00 horas

 SD Camelle – SD Oza, ás 17:30 horas

CD Baiñas – CD Nantón, ás 16:30 horas

UD Cerqueda – SCD Buño, ás 18:15 horas

SD Sofán B – SD Laxe, ás 19:15 horas

 SCD Malpica – Volantes de Baño FC, ás 18:00 horas

Descansa : Inter de Brens

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-23ª Xornada-

-16/03/2025-

Xallas FC – Silva SD, ás 18:45 horas 

 PM Friol B – Orillamar SD, ás 17:00 horas 

 Orzán SD B – CF Dumbía, ás 16:30 horas

Cultural Maniños – SD Tordoia, ás 19:15 horas 

Brexo Lema SD – UDJ Almeiras, ás 10:00 horas 

UD Carral CD Lugo B, ás 19:30 horas 

UC Cee – Sporting Meicende, ás 12:00 horas 

Sporting Burgo – SCD Pastoriza, ás 19:30 horas 

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-18ª Xornada-

(16/03/2025)

Sporting Zas – CF Mazaricos, ás 12:15 horas

Corme CF – SD A Baña, ás 17:00 horas

Soneira SD – Bergantiños FC B, ás 12:15 horas

UD Corcubión – SD Fisterra, ás 12:00 horas

UD Cerqueda – Ponteceso SD, ás 16:00 horas

EFCC “Juan Cabrejo” – SCD Pastoriza B, ás 12:00 horas

CF Muxía – Cabana SD, ás 11:00 horas

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-18ª Xornada-

-16/03/2025-

Céltiga FC Féminas – Catoira SD, ás 12:00 horas

EFF Sonnoia Portus Apóstoli – CD Mosteiro, ás 19:00 horas

Juventud Cambados – Bastavales UD, ás 18:30 horas

Outes FC – Milladoiro SD, ás 18:15 horas

EFMC Boiro B – CCD Taragoña, ás 12:00 horas

CD Rois – SCDR Esteirana, ás 18:00 horas

ED As Miúdas – SD Chispa, ás 18:30 horas

 

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

-24ª Xornada-

-16/03/2025-

SD Coristanco ACD San Ramón Vet., ás 10:00 horas

Soneira Vet – CD Razo, ás 10:00 horas

Vet. CF Dumbría – CF Cances, ás 10:00 horas

Corme CF – Cabana SD, ás 10:00 horas

Sporting Zas – ADCV Ponteceso, ás 10:00 horas

SD San Lorenzo – Atlético Carballo SD, ás 10:00 horas

ACD San Román Vet. – CF Mazaricos, ás 10:00 horas

 

1ª GALICIA VETERANOS

-22ª Xornada-

-16/03/2025-

CD Nantón CV Leiloio, ás 10:30 horas

ADC A Piña – Soandres CF, ás 11:00 horas

SD Sofán – Deportivo Carballo, ás 10:00 horas

SD Castriz – SD Oza, ás 10:30 horas

Sporting Bértoa – SD Fisterra Vet., ás 12:00 horas

Vet. SCD Malpica – SCD Buño, ás 10:30 horas

 

P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

-Foto de arquivo texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies