“AXENDA PIRATA” DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR EN HOMES E MULLERES, ASÍ DOS 3 PRINCIPAIS EQUIPOS DO RC DEPORTIVO.

Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos 3 principais equipos deportivistas.

Esta fin de semana xógase todo na xornada dominical, nato nas  8 ligas de fútbol afeccionado federado masculino e feminino senior e na de homes en veteranos, coma os do Deportivo ABANCA, Fabril e Depor.

Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

Climatoloxía

O sábado 15 de Febreiro teremos ventos do sur, (S), frouxos con en torno aos 17-18 nós, (32-33 Kms/h), con refachos de en torno aos 27-28 nós, (53-54 Kms/h), nas zonas abertas a este vento. Arreciará un pouco en torno as 16:00 horas e caerá a calma en torno ás 18:00 horas. O sábado non hai fútbol senior pero sí haberá de base. Posibilidades de chuvieras de auga de borraxo, máis probables canto máis o sur, (Sempre tomamos como refernza Cabo Touriñan). Tempraturas agradables o ser vento do Sur.

Na madrugada do Domingo 9 de febreiro estes ventos irán aminorando ata quedarse calma en torno as 9 da mañán. Probabiloidades de chuvieras de pouca intensidade que collerán maior forza, canto máis o sur, antre ás 13:00 e as 17:00 horas, pero como decimos sen vento, polo que poderá ser o que chamamos “auga de borraxo”, nos sitios máis abrogados deste vento. As temperaturas máis frias o sábado pero que se iran suavizando o tratarse de ventos do cadrante sur, (S).

AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.

Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.

 

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-22ª Xornada-

-16/02/2025-

SD San LorenzoCF Muxía, ás 16:15 horas

Club do Mar-Bastavales UD, ás 16:30 horas

SCDR Esteirana-SD Fisterra, ás 17:00 horas

SR Calo-Vea CF, ás 16:45 horas

Vista Alegre SD-Vizoño SD, ás 18:00 horas

SD Castriz-SD Tordoia, ás 17:00 horas

Bertamiráns FC-SD Agolada, ás 17:00 horas

CF Dumbría-UD Carral, ás 17:00 horas

Praiña Sporting Club-Boimorto CF, ás 17:00 horas

 

LIGA DA COSTA

-20ª Xornada-

-16/02/2025-

Cabana SDCD Muros, ás 16:30 horas

Corme CF-Outes FC, ás 17:00 horas

Camariñas FC-CF Lira, ás 16:45 horas

SD Coristanco-CF Mazaricos, ás 17:00 horas

UD Corcubión-Ponteceso SD, ás 16:45 horas

CD Baio-CF Porteño, ás 16:30 horas

Soneira SD-UC Cee, ás 17:00 horas

Xallas FC-UD Monte Louro, ás 16:30 horas

 

3ª DA COSTA

-20ª Xornada-

-16/02/2025-

Sporting ZasSD Camelle, ás 17:00 horas

  Atlético Pereiriña FC-CD Baiñas, ás 18:00 horas

 Sporting Seaia CF-UD Cerqueda, ás 17:00 horas

SD Oza-SD Sofán B, ás 17:00 horas

CD Nantón-SCD Malpica, ás 16:30 horas

SCD Buño-Inter de Brens, ás 17:00 horas

Volantes de Baño F-CF Muxía B, ás 16:30 horas

Descansa : SD Laxe

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-16ª Xornada-

-16/02/2025-

PM Friol BOrzán SD B, ás 17:00 horas 

 Silva SD-Cultural Maniños, ás 20:00 horas 

 Orillamar SD-Brexo Lema, ás 12:15 horas 

 CF Dumbía-UD Carral, ás 12:00 horas

SD Tordoia-UC Cee, ás 12:15 horas 

 UDJ Almeiras-Sporting Burgo, ás 12:15 horas 

 CD Lugo B-SCD Pastoriza, ás 18:00 horas 

Xallas FC-Sporting Meicende, ás 18:00 horas 

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-15ª Xornada-

(16/02/2025)

Cabana SD-SD A Baña, ás 12:00 horas

Bergantiños CF B-CF Mazaricos, ás 17:15 horas

SD Fisterra-Sporting Zas, ás 16:30 horas

Ponteceso SD-Corme CF, ás 16:30 horas

SCD Pastoriza B-Soneira SD, ás 19:00 horas

CF Muxía-UD Corcubión, ás 12:45 horas

EFCC Juan Cabrejo-UD Cerqueda, ás 12:00 horas

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-15ª Xornada-

-16/02/2025-

SD Chispa-CD Mosteiro, ás 11:30 horas

Bastavales UD-Catoira SD, ás 18:45 horas

Milladoiro SD-Céltiga FC, ás 19:00 horas

CCD Taragoña-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 19:00 horas

SCDR Esteirana-Juventud Cambados, ás 12:00 horas

Outes FCED As Miúdas, ás 12:15 horas

CD Rois-EFMC Boiro B, ás 12:45 horas

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies