AXENDA PARA A FIN DE SEMANA DE TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS E RESULTADOS DA XORNADA PASADA.

 

Aquí tes tódolos resultados da pasada xroanad e todo o que temos no Tenis de Mesa con equipos da Costa, na que haberá encontros na 2ª Nacional tanto masculina como feminina, ambos encontros no Pavillón Polideportivo de Zas.

 

-Resultados-
2ª Nacional Masculina
Cambados TM – AD Zas Ponciano Nieto 4-2

2ª Galega Masculina
AD Zas A Baña – Arteal TM 4-1
AD Zas A Baña – CDTM Topspin Abapic 1-4
AD Zas A Baña – Lalín B 2-4
Breogan Oleiros Senior – AD Zas CafeteriaTalladas 4-1
Breogan Oleiros Promesas – AD Zas Ou Piñeiral 0-4
Breogan Oleiros Senior – AD Zas Cee 4-0
Breogan Oleiros Promesas – AD Zas Cafeteria Talladas 4-1
Breogan Oleiros Promesas – AD Zas Cee 4-0
Breogan Oleiros Senior – AD Zas Ou Piñeiral 0-4

Na 2ª Nacional Masculina non trouxo nada posiitvo ou AD Zas Ponciano Nieto na súa visita a Cambados e a pesar de xogar como ultimamente o viñan facendo encontráronse cun Cambados que presentou ou seu mellor equipo dispoñible, isto vai ser algo habitual aos que se enfronten os zasences, os rivais non queren sorpresas e, ante os Miguel Rey, Roi Sixto e Raúl López, van aliñar aos mellores que teñan pois saben do potencial que teñen. Ainda así en Cambados, Miguel Rey e Raúl López gañaron cada un un partido individual. Non foi capaz de facelo Roi Sixto pois tocoulle xogar cos dous mellores dous rivais.

En Segunda Galega, primeira vitoria do AD Zas A Baña e pleno de vitorias do AD Zas Ou Piñeiral que comparte liderado cos de Lalín no grupo centro. Os outros dous equipos formados polos xoves xogadores en progresión non conseguiron nada positivo en canto a resultados, pero si na súa experiencia e mellora que se verá pronto. Este sistema de concentracións resultalles moi agradable a todos, xa que á parte de xogar teñen a experiencia de compartir cos demais as suas inquedanzas deportivas e socializar toda a xornada. Á parte ven xogar a varios coa ensinanza que iso supón.

 

-AXENDA DA FIN DE SEMANA-

Sábado 28 de outubro no Pavillón Municipal de Zas
Ás 17:00 horas, 2ª Nacional Masculina
AD Zas Ponciano Nieto – CTM Vigo

Ás 16:30 horas, 2ª Nacional Feminina
AD Zas Feminino – AD Zas A Baña Cee

-Fotos e Texto : Stevo Zas