AXENDA FUTBOLÍSTICA : HOXE TARDE DE COPAS NO FÚTBOL DA COSTA MASCULINO E FEMININO.

Ánxo Pose xogador do Muxía CF.

 

Hoxe haberá actividade tanto na “58ª Copa da Costa” senior masculina como na “Copa da Costa Feminina”, en ambos casos son encontros de Cuartos de Final.

Na “58ª Copa da Costa” o Muxía e o Xallas xogarán estes cuartos buscando un sitio nas semifinais nas que lles espera como rival o Xallas. A outra semifinal xogarana o baio e o Dumbría, e xa serán a dobre enfrontamento. Os muxiáns e xalleiros voltarán a xogar no Municipal do Conco, (Dumbría), polos problemas de iluminación no “Campo da Arliña”, (Muxía), dado que se xogará a partires das 21:00 horas e a segunda metade xa será ca caida do sol. Os muxiáns que se lle foron caendo nestes últimos días moitos xogadores importantes veñen de caer na loita polo ascenso a 1ª Galicia o pasado Domingo.

No que se refire a “Copa da Costa Feminina”, o Cee espera rival en semifinais do Nicrariense-Dumbría que se xogará esta tarde-noite en Negreira, e tamén se xoga hoxe o Corcubión-Bergantiños, buscando o pase a semifinais, que serán a dobre encontro e o que pase xogará contra o vencedor do Xallas-Miúdas, que non se xogará ata o vindeiro xoves. Desastrosa a orgañización tanto desta copa como das fases de ascenso e permanenza no fútbol feminino. Esta copa para que as xogadoras e os afeccionados puideran disfrutar dela debería comezar a vindeira fin de semana, peroi foi unha verdadeira decepción e sufrimento para todas elas por mor deste sin sentido dos orgañizadores.

 

 

 

-Cuartos da 58ª Copa da Costa-

 

Muxía CF-Xallas FC

Día : Martes 06/06/2023

Hora : 21:00 horas

Campo : O Conco, (Dumbría)

Ábitro : Manuel Rodríguez Rojo

Árbitros asistentes : Manuel Espasandín e Iván Vilanova

 

 

(No cadro están as datas oficiais non os reais)

 

-Cuartos da Copa da Costa Feminina-

 

AD Nicrariense-CF Dumbría

Día : Martes 6 de Xuño 2023

Hora : 20:30

Campo : O Cepelo, (Negreira)

Árbitro : Pablo Botana Rey

Árbitros asistentes : Brais Canay e Sergio García

 

UD Corcubión-Bergantiños FC

Día : Martes 6 de Xuño 2023

Hora : 20:30

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Árbitro : Alberto Pombo Parga

Árbitros asistentes : Roberto Baña e Xoel Forján

 

Xallas FC-ED As Miúdas

Día : Xoves 8 de Xuño 2023

Hora : 20:30

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Por asinar

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”