Na 3ª da Costa, volta de semifinais do Play-Off de ascenso, no que Camelle, Zas, Buño e Laxe buscan un sitio na final, con todo por decidir e na que o Laxe é o único que ten unha ventaxe inicial.
Na Liga da Costa antepenúltima xornada de liga, con dous encontros na xornada sabatina o derbi muradán, e un Cmariñas-Corcubión cos corcubioneses a desesperada, nunha competición na que por arriba o San Lorenzo, podería proclamarse campión de liga se o Corme CF non pasa do empate. Os de Berdillo salvo debacle monumental serán os que ascendan direto, namentras que Corme e Muxía son os que xogarán a fase de ascenso. Donde cada encontro é crucial é por abaixo pois cos arrastres que vai a haber seguro, ninguén está libre de caer a 3ª da Costa e da 12ª praza a 6ª só hai 3 puntos con 9 por disputar.
Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, tódolos equipos están en loita, os que o fan por entrar na promoción e os que están por afastarse do descenso direto, ou postos de arrastre, pois da Preferente o Fisterra cae seguro. Destacar nesta xornada o Esteirana-Mazaricos, derbi no que os esteiráns precisan a vitoria ante un Mazaricos xa bastante desafiuzado, ainda que ata o rabo todo é vaca.
En Preferente Norte, derbi da costa antre Sofán e Fisterra, que noutras circunstancias tería sido unha festa do fútbol costeiro, pero que debido a situación dos fisterráns sona a “descafeinado”. O choque xogarase no “Carral” mañán Domingo a partires das 17:30 horas, ca arbitraxe de Alejandro Mosquera.
Nas Ligas Femininas tan só dous encontros o sábado das 4 ligas con equipos costeiros, o que enfrontará o Mazaricos e ao Dubra na 2ª División G4. Neste mesmo grupo o Domingo haberá derbi antre Miúdas e Xallas.
-Nos Veteranos da Costa, Na División de Honra o San Lorenzo pode proclamarse campión de liga se derrota o Cabana ou ainda que perda, se o San Román non pasa do empate ante o Leiloito. Na 1ª Galicia xa co Oza campión e co Razo co posto de ascenso finiquitado, só se xogará como remate a liga e preparación para a copa.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”