AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR MASCULINO, FEMININO E VETERANOS, PARA OS DÍAS 20-21 DE ABRIL DO 2024.

O Muxía visita o Volantes e o Cee recibe o Ponteceso na Liga da Costa.

Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos da costa e ligas nas que temos representantes da costa. Que non son completamente da costa temos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). Que son completamente da costa :  Liga da Costa e 3ª da Costa. Eso en homes, ademáis das duas de veteranos, (División de Honra da que se xoga a derradeira xornada cun posto de descenso por decidir, e 1ª Galicia da que esta semana se xoga a volta da promoción de ascenso a División de Honra). Logo en mulleres na 1ª División Galega temos o Bergantiños, na 2ª Galega Feminina G1, están o Xallas, Cee e Miúdas, e na 3ª División Galega Feminina G2, son tódolos equipos costeiros menos 3 e deses tres un deles foi antigamente da costa, (Noia).

Se non temos erros nas nosas táboas, hai na xornada sabatina tan só 2 encontros, os dous na 1ª Galicia G2, na que temos que destacar o derbi costeiro San Lorenzo-CD Baio.

O que sí hai sábado moitos encontros no Fútbol Base da Costa, e tamén moitos o Domingo :

Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado e confirmado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47

Pronóstico do tempo

Para hoxe sábado e para mañán Domingo, teremos vento do Nordés, (NE), que andará en torno aos 30-35 nós, (55-65 Kms/h), con algún refacho de máis intensidade, pola tarde. O tratarse dun vento que na nosa zona ven xeralmente do mar, haberá frío nas primeiras horas e na caida do sol. Para os 2 días o sol será o predominante ainda que canto máis para o norte pode haber nubrados polas nubes de evolución que forma este vento canto máis para o norte. Como é normal o vento afectará aos campos que están máis abertos a este cadrante. (Tomamos sempre como referenza o parte marítimo de Muxía para norte e sur).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”