AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA NESTE “ENTRUDIO”, NO QUE SÓ XOGAN 4 LIGAS CON EQUIPOS DOS NOSOS.

 

Esperábamos que o tratarse da fin de semana forte do “Entruido” houbese máis encontros en sábado para que a chavalada, e a que non o é tanto, tivesen a noite para difrutar distas entrañables festas, e poder andar de carallada toda a noite, ademáis dos cocidos, (e peixe tamén que temos que mirar pola casa), e non estar pendentes de ter xogar Domingo, tamén día típco de cocidos familiares. Tan só hai 3 encontros na xornada sabatina, e hai 4 ligas nas que non hai competicións, unha de homes, e as 3 das mulleres, sempore falando das que nós levamos.

No que se refire a 3ª da Costa, xógase na tarde do sábado o Camelle-Ameixenda, para despois os camelles xuntarse nun gran cocido, destacar nesta xornada e na tarde do Domingo o Baiñas-Porteño, 1º contra 2º, un encontro que será moi seguido polos que buscan entrar na promoción, e que de seguro que terá un ambente espactacular no Municipal de Vimianzo. 

 Na Liga da Costa, o sábado hai dous encontros, un deles que fará que o Hermanas Patiño volte a ter unha gran entrada, pois o Camariñas recibe ao lider, San Lorenzo, con moitas miradas diretas dos equipos que loitan por todo. Os camariñáns despois compartirán un gran cocido cos seus. O sábado tamén se xoga un Cerqueda-Coristanco, cos cerquedenses coa soga o pescozo precisando sumar de 3 en 3. Tamén volve a haber derbi malpicán, O Malpica recibe o Buño, tras un bo encontro a pasada semana ante o Seaia, que se levaron os seaieses pola mínima.

Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, descansa nesta fin de semana

En Preferente, O SD Fisterra recibe no Arasolis ao Sigüeiro FC, o Domingo 19 de Febreiro a partires das 18:30 horas e o SD Sofán recibe no Carral ao CF Noia tamén o Domingo, a partires das 17:00 horas.

Nas Ligas Femininas hai parón, e non compitirán os equipos costeiros ata a fin de semana do 4-5 de Marzal, polo tanto descansan a 1ª División Galega e os da 2ª División Galega Feminina Grupo 2 e Grupo 4.

…Tralos encontros tódolos resultados e despois as crónicas, como cada semana.

 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia