AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA NAS LIGAS MASCULINAS E FEMININAS, ASÍ COMO AS DE VETERANOS PARA OS DÍAS 27-28 DE ABRIL.

Hoxe hai un Muxía-Camelle da Liga da Costa.

Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos da costa e ligas nas que temos representantes da costa. Que non son completamente da costa temos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). Que son completamente da costa :  Liga da Costa e 3ª da Costa. Tamén en homes, comeza mañán Domingo a Copa da Costa de Veteranos, e ademáis Mazaricos e Buño xogan a ida da final polo ascenso a División de Honra. Logo en mulleres na 1ª División Galega temos o Bergantiños, na 2ª Galega Feminina G1, están o Xallas, Cee e Miúdas, e na 3ª División Galega Feminina G2, son tódolos equipos costeiros menos 3 e deses tres un deles foi antigamente da costa, (Noia).

Se non temos erros nas nosas táboas, hai na xornada sabatina tan hai 3 encontros, o derbi muxián antre o Muxía e o camelle, así coma o Castriz-Mazaricos, ambos da Liga da Costa e na 2ª Galega Feminina G2 temos un Xallas-Abella cas xalleiras tratando de seguir loitando pola promoción de permanenza. Tódalas ligas están chegando aos seus 3-4 derradeiros encontros polo que a emoción é total en todas elas, loitas polo título, polas promocións, evitar descensos…

O que sí hai sábado moitos encontros no Fútbol Base da Costa, e tamén moitos o Domingo :

Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado e confirmado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47

Pronóstico do tempo

Para hoxe sábado as primeiras horas haberá chuvieras, neste caso predominando os ventos floxos do norte, (N), qe contra o medio día irá saindo o sol, e quedarase unha tarde primaveral. Para o Domingo o día comezará moi parecido o do sábado madrugada  pasada por auga e antes do medio día ir quedándose unha tarde de sol. (Tomamos como referenza Muxía para norte e sur, cos datos da boia de meteo marítima).

 

 

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ

 

 

SONY DSC

 

 

 

 

 

-Texto, foto, montaxes : Xosé Búa “Pirata”