AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA MASCULINO, FEMININO E VETERANOS NESTA FIN DE SEMANA DE REMATE DO “ENTRUIDO 2023”.

 

Fin de semana de remate do “Entruido”, cun sábado de queimas e enterros, da sardiña, do polobo, do percebe, etc…pero en especial hai unha que afecta e moito o fútbol da costa, “A queima da Mikaela”, un evento que xunta en Buño a milleiros de xoves, e non tan xoves cunha festa impresionate, que fai en torno os 40 anos comezaron un grupo de amigos para andar facendo o “recorrido”, levando a rapaza que despois queimaban, nun carro, e que hoxe en día é o día marcado en vermello no ano, para milleiros de persoas. Esto fai que non haxa ningún encontro en sábado, nas ligas da costa e ligas con equipos costeiros, e mesmamente no fútbol base, do que cada semana vos achegamos a axenda, a grande maioría dos encontros son pola mañán, en especial os dos adolescentes. Para o “Domingo de Piñata”, final do entruido, quedan 5 encontros da base e tódolos de senior e veteranos.

No que se refire a 3ª da Costa, o porteño precisa gañarlle ao Malpica para recuperar sensacións e mirará de reollo o Xallas B-Baiñas, dous equipos moi parexos a pesares da separación na táboa. Os xalleiros teñen unha serie de xuvenís que lle están a aportar moito. A loita tamén está fermosa na zona de promoción a que tentan agarrase varios equipos e outros engancharse.

 Na Liga da Costa, destacar o Muxía-Castriz, terfeiro contra cuarto na loita pola promoción. Dous grandes equipos que desenrrolan un bo fútbol. O lider recibe o Outes en melloría na derradeira xornada e o segundo, Corme, a un Volantes que está loitando por escapar da zona “quente”.

Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, tralo descanso polo “Entruido” a semana pasada volve a competición, cun derbi, o que enfrontará ao Mazaricos e ao Soneira, e con novo inquilino do banco do Mazaricos, que ocupa dende fai unha semana, Marcos Domínguez. Do resto de encontros o Baio xoga na casa coa necesidade imperiosa de sumar de 3, e o Dumbría, Xallas e Esteirana xogan fora. Os primeiros seguen na loita por todo, e os das Salinas, na loita pola permanenza.

En Preferente, O SD Fisterra visita ao Betanzos no García Hermanos, o Domingo 26 de Febreiro a partires das 16:30 horas, e o SD Sofán visita ao Victoria CF no A Grela 1, da Coruña, tamén o Domingo, a partires das 16:00 horas.

Nas Ligas Femininas hai parón, menos na Liga de Fútbol 7 A Coruña Crupo A, na que o Corcubión visita ao CD Marte, da Coruña, co liderato en xogo.

-Nos Veteranos da Costa, na División de Honra segue a loita polo título, non pode fallar ninguén, e por abaixo pasa o mesmo na loita polo descenso, xa que non deixan de perder unha semana tras outras, e o que consiga sumar de 3 terá moito gañado, ou recurtado.

…Tralos encontros tódolos resultados e despois as crónicas, como cada semana.

 

 

 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies