Aquí tedes unha semana máis a nosa AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa Senior, tanto en homes coma en mulleres, así coma o dos homes en veteranos, e incluimos para os do noso mesmo “sentir” coas cores branquiazuis o dos principais equipos deportivistas. As rapazas do Deportivo ABANCA non xogarán esta fin de semana xa que hai parón pola selección que xoga hoxe venres a partires das 18:46 horas no Ciutat de Valencia ante Bélxica no comezo da Liga de Nacións. Repiten o mércores 26 de Febreiro pero desta vez en Wembley ante Inglaterra a partires das 21:00 horas. Ademáis de Bélxica e Inglaterra no grupo das españolas está a veciña Portugal. Os encontros serán por La2 e TVE.
Esta fin de semana vai ser atípica, ademáis do encontros das mulleres ca selección que se xoga hoxe, haberá un tamén no feminino da costa esta mesma tarde-noite na 3º Galega Feminina G4, o Mazaricos-A Baña.
Para mañán sábado hai 4 encontros, o Mazaricos-Corcubión da Liga da Costa, o derbi malpicán da 3ª da Costa, Malpica-Buño e dous no feminino que non teñen equipos costeiros o Catoira-Mosteiro e Noia-Milladoiro, ambos da 3ª Galega Feminina G4 na que temos 3 equipos da costa. Por outra banda o Fabril xogará mañán sábado televisado pola TVG2.
Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
Climatoloxía
Para o encontro de hoxe venres, tralo paso da borrasca con fortes ventos do sur suroeste, (S-SW), e virar a oeste, (W), poderá haber algunha chuvieria ocasional, pero nada que ver co de pola mañán. O sábado o predominar os ventos de oeste, (W), froxos, a tónica será de día solleiro desde ás 10:00 horas.
Na madrugada do Domingo os ventos voltarán a rolar a sur, (S), insignificantes na madrugada e incrementando a sua forza a partires das 10:00 horas e pouco a pouco aumentando en forza desde as 13:00 con probabilidades de aguaceiros desde á 16:00 horas. O tratarse de ventos de sur a probabilidade de forza de vento e chuvia é máis verdadeira canto máis o sur. Lembrade que estes partes meteorolóxicos sacámolos dos que usamos para o mar e tomámolos coa referenza norte-sur de Cabo Touriñán punto máis occidental de Galiza e de España e punto polo que entra todo o que nos chega das Azores.
AVISO : Queremos deixar claro, (como xa o facemos nas crónicas), que os comentarios dos adestradores que queren deixar o seu parecer nas crónicas son os que eles se brindan. Hai varios aos que non lles interesa comentar e nón obrigo a ninguén, todo contrario respétoo sen pedir explicacións, pero non é que poñamos a uns e a outros non.
Nas crónicas o incio vai sempre o teléfono, (whatsapp : 626 72 00 47), así coma a explicación de que estamos abertos ao que queira colaborar con comentarios e fotos ou vídeos, sexa colaborador, adestrador, ou diretivo dun clube. A pesares das dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, sinalar que esto é unha web caseira con 18 anos de vida traballando por informar de maneira altruista.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-23ª Xornada-
-23/02/2025-
Boimorto CF-SD San Lorenzo, ás 19:00 horas
CF Muxía-Club do Mar, ás 17:00 horas
Bastavales UD-SCDR Esteirana, ás 17:00 horas
SD Fisterra–SR Calo, ás 16:30 horas
Vea CF-Vista Alegre SD, ás 12:00 horas
Vizoño SD-SD Castriz, ás 16:30 horas
SD Tordoia-Bertamiráns FC, ás 16:30 horas
SD Agolada-CF Dumbría, ás 18:00 horas
UD Carral-Praiña Sporting Club, ás 16:45 horas
LIGA DA COSTA
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
Xallas FC-Cabana SD, ás 16:30 horas
CD Muros-Corme CF, ás 17:00 horas
Outes FC-Camariñas FC, ás 16:15 horas
CF Lira-SD Coristanco, ás 17:00 horas
CF Mazaricos 1-2 UD Corcubión
Ponteceso SD-CD Baio, ás 16:30 horas
CF Porteño-Soneira SD, ás 17:30 horas
UC Cee–UD Monte Louro, ás 18:00 horas
3ª DA COSTA
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
CF Muxía B-Sporting Zas, ás 11:30 horas
SD Camelle-Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas
CD Baiñas-Sporting Seaia CF, ás 16:30 horas
UD Cerqueda-SD Oza, ás 18:15 horas
SD Sofán B-CD Nantón, ás 19.15 horas
SCD Malpica 5-1 SCD Buño
Inter de Brens-SD Laxe, ás 16:00 horas
Descansa : Volantes de Baño F
2ª GALEGA FEMININA G1
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
Xallas FC-PM Friol B, ás 18:45 horas
Orzán SD B-Silva SD, ás 12:30 horas
Cultural Maniños-Orillamar SD, ás 19:15 horas
Brexo Lema-CF Dumbía, ás 17:00 horas
UD Carral-SD Tordoia, ás 20:00 horas
UC Cee-UDJ Almeiras, ás 12:00 horas
Sporting Burgo-CD Lugo B, ás 18:30 horas
SCD Pastoriza–Sporting Meicende, ás 19:00 horas
3ª GALEGA FEMININA G2
-21ª Xornada-
(23/02/2025)
CF Mazaricos 2-0 SD A Baña
Sporting Zas-Bergantiños CF B, ás 17:00 horas
Corme CF-SD Fisterra, ás 17:00 horas
Soneira SD-Ponteceso SD, ás 12:00 horas
UD Corcubión-SCD Pastoriza B, ás 16:30 horas
UD Cerqueda-CF Muxía, ás 16:00 horas
EFCC Juan Cabrejo-Cabana SD, ás 12:00 horas
3ª GALEGA FEMININA G4
-16ª Xornada-
-23/02/2025-
Catoira SD 0-11 CD Mosteiro
Céltiga FC-Bastavales UD, ás 12:00 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 3-5 Milladoiro SD
Juventud Cambados-CCD Taragoña, ás 18:30 horas
Outes FC-SCDR Esteirana, ás 18:15 horas
EFMC Boiro B-ED As Miúdas, ás 12:00 horas
SD Chispa-CD Rois, ás 12:45 horas
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
-20ª Xornada-
-16/02/2025-
CF Mazaricos-CD Razo, ás 11:15 horas
CF Cances-ACD San Ramón Vet., ás 10:30 horas
Cabana SD-SD Coristanco, ás 10:00 horas
ADCV Ponteceso-Soneira Vet., ás 10:00 horas
Atlético Carballo SD-Vet. CF Dumbría, ás 09:45 horas
ACD San Román Vet.-Corme CF, ás 12:00 horas
SD San Lorenzo-Sporting Zas, ás 10:00 horas
1ª GALICIA VETERANOS
-19ª Xornada-
-23/02/2025-
Vet. SCD Malpica-Soandres CF, ás 10:30 horas
Deportivo Carballo-CV Leiloio, ás 09:45 horas
SD Oza-CD Nantón, ás 12:00 horas
SD Fisterra Vet.-ADC A Piña, ás 10:00 horas
SCD Buño-SD Sofán, ás 10:00 horas
Sporting Bértoa-SD Castriz, ás 10:00 horas
P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
-Foto de arquivo e Texto : Xosé Búa “Pirata”