AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA EN HOMES SENIOR E VETERANOS, E EN MULLERES SENIOR, PARA OS DÍAS 06-07 DE ABRIL DO 2024.

O Camelle caeu ante o Cabana no encontro do sábado.

 

Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos. Que non son completamente da costa :  Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). Completamente da costa :  Liga da Costa e 3ª da Costa. Eso en homes, ademáis das duas de veteranos, (División de Honra e 1ª Galicia). Logo en mulleres na 1ª División Galega temos o Bergantiños, na 2ª Galega Feminina G1, están o Xallas, Cee e Miúdas, e na 3ª División Galega Feminina G2, son tódolos equipos costeiros menos 3 e deses tres un deles foi anitgamente da costa, (Noia).

Se non temos erros nas nosas táboas, hai dous encontros na 3ª da Costa e 3 na Liga da Costa. O resto de encontros, tanto en senior masculino, coma feminino e nos veteranos, son todos o Domingo. O que sí houbo sábado moitos encontros no Fútbol Base da Costa, tanto pola mañán, como pola tarde.

Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47

Pronóstico do tempo

Para sábado tempo moi similar pero picando máis do cadrante Sur, (S), nas primeiras horas e con forza ata pasadas as 3-4 da tarde e que desminuirá ata a metade antre ás 5-7 da tarde e quedando nesas horas do cadrante Suroeste, (SW). Chuvias dispersas nas primeiras tardes quedando tarde solleira pola tarde. O Domingo mañán solleira con vento froxo do Suroeste, (SW), que se encapotará dende ás 2 da tarde con probabilidade de algunha chuvieira, en especial canto máis o sur e a últimas horas. Pola noite nas derradeiras horas levantarase moito ventoi de SW, que rolará en torno as 4 da mañán do luns quedando na metade da intensidade. Os ventos do S e SW afectarán en especial aos campos abertos a este cadrante.

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Foto e montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”