PREVIA DO FÚTBOL DA COSTA
O Baio tratará de resarcirse da derrota en Padrón da pasada semana.
Aquí tes nun só artigo tódolos encontros con equipos da costa. Temos un representante na Preferente Norte, 5 na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, e todos os que forman o Grupo 2 da 2ª Galicia, a que chamamos Liga da Costa, e tódolos que conforman o Grupo 4 da 3ª Galicia, a que denominamos 3ª da Costa. Tamén como xa é habitual, pero neste caso na mañá do Domingo, os duelos da División de Honra de Veteranos e a 1ª Galicia de Veteranos da Costa, que se inicia este Domingo, tal e como xa vos informamos na previa pola semana.
Os encontros xóganse antre a tarde do sábado e o Domingo. Hai 1 encontro na Liga da Costa este sábado 7 de Outubro en Camelle, e logo 4 na 3ª da Costa, en Laxe, Vimianzo, Lira e Sofán, o resto son na tarde do domingo 8 de Outubro. Destacar na 1ª Galicia G2 o derbi San Lorenzo-Dumbría . Na Liga da Costa o duelo de “gallitos” recén ascendidos, Porteño e Baiñas, que o ano pasado loitaron ata o derradeiro encontro polo título de liga, e na 3º da Costa o derbi carballés, Oza-Sofán B, por citar algúns dos bonitos duelos desta semana.
Na nosa web e nestes enlaces tamén podes ver a axenda de encontros do Fútbol 11 Base da Costa, e das Ligas de Fútbol Feminino con equipos costeiros.
-Foto : Luis González Botas
-Texto e táboas : Xosé Búa “Pirata”