AXENDA DE TODO O FÚTBOL FEMININO CON EQUIPOS DA COSTA : “FINAL DE LIGA EN 3 DAS 4 COMPETICIÓNS QUE LEVAMOS”.

 

1ª División Galega Feminina

 Derradeira xornada na que o Bergantiños Feminino visita ao Victoria FC B ca premisa de buscar unha vitoria para tentar de acabar a liga no podio. As bergantiñanas na cuarta praza, ca promoción asegurada, xogan coas quintas, pero só ca premisa de gañar e se o CD Lugo, (3º), non conseguisen gañar o Tomiña FCF, para acabar un posto máis arriba de cara a promoción.

2ª División Galega G2

Derradeira xornada na que o encontro estrela xóagase mañán sábado no “O Cairo”, co derbi antre o Corme e o Ponteceso, nun final de liga ilusionante para ambos, como tamén o é para o UD Cerqueda, compañeiras de ruta nesta tempada de iniciación para os tres equipos costeiros, (as cerquedenses xa co maior participación). As de Cerqueda despiden a tempada visitando o SE Abella.

2ª División Galega G4

Bonita derradeira xornada para algúns dos equipos da costa. O Xallas, subcampión de liga visita ao campión, xa sen opcións de ir a por un título polo que loitaron toda a tempada. O Cee terceiro, e sen que ninguén lle poida quitar ese lugar de honra no podio, visita ao Mazaricos, que tras pasar polo Fútbol 7 ocupa unha meritoria praza, nun derbi da costa para disfrutar de cara a Copa para unhas e a promoción e copa para outras. O Dumbría en promoción visita ao Dubra para prepararse para copa e a promoción e o As Miúdas a sumar 3 puntos para poder entrara na promoción como equipo das mellores sextas clasificadas dos 6 grupos.

Liga Fútbol 7 :  2ª Fase polo título

Segue a loita polo título para o Corcubión na Liga de Fútbol 7 A Coruña Grupo B, e o Corcubión visita ao Santa Cruz, lider desta loita a 4 puntos das corcubionesas. Un encontro vital para seguir soñando, tras unha tempada extraordinaria para as de Rubén Castillo.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”