AXENDA DE TODO O FÚTBOL FEMININO CON EQUIPOS DA COSTA : 1ª, 2ª E 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

O Muxía vai lider na 3ª xunto co Dumbría, ambos con pleno de vitorias.

 

Aquí tes nun só artigo os enfrontamentos, datas e horarios de tódoos encontros galegos femininos con equipos da costa. Na 1ª División galega seguimos ao Bergantiños FC, na 2ª División galega Grupo 1, ao Cee, Xallas e Miúdas de Muros, e na 3ª División Galega Feminina Grupo 2, temos ata 12 equipos costeiros dos 15 que conforman a liga, o que a fai tremendamente atractiva dado que ademáis de que hai 6 equipos que teñen equipo feminino federado por primeira vez na sua historia, (Muxía, Ponteceso, Outes, Cabana, Fisterra e Camariñas “Juan Cabrejo”), seguen sumando anos de traballo e experienza os, Dumbría, Corcubión, Mazaricos, Corme e Cerqueda. Esto fai que tódalas semanas haxa derbis.

Dos 3 que hai que non son plenamante costeiros, hai dous con pasado en homes na costa, como son o Noia, (neste caso é o B), e o Nicrariense, (ainda que non é o Negreira, este pobo antigamente sempre estivo vinculado a costa), o terceiro foraneo é o Dubra.

 

 

 

 

 

-Foto : Marina Busto

-Texto e Táboas : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies